coruna 08/11/2019

A Policía Local mantén un control regular dos vehículos mal aparcados na Cidade Vella

by Victor Lamela

A Policía Local mantén un control exhaustivo dos coches que estacionan mal dentro e fóra do casco histórico. Desde o pasado 25 de xuño, sancionou a un total de 3852 persoas infractoras que aparcaron indebidamente na Cidade Vella. Dos expedientes administrativos, 1962 foron interpostos na primeira quenda de día, 1585 pola tarde e 315 tramitáronse pola noite. As rúas da Maestranza, San Francisco e o Paseo do Parrote foron onde máis vehículos aparcaron ilegalmente dentro do casco histórico. En concreto, no Parrote expedientaron a 1859 coches e na Maestranza chegaron a interceptar a 798.

Pola súa parte, nos aparcadoiros habilitados tras a peonalización para as persoas residentes no barrio, a policía penalizou a 640 condutoras/es que non viven na Cidade Vella e que fixeron caso omiso da sinalización. No estacionamento do Oceanográfico é onde máis se incumpren as normas, xa que os efectivos multaron a 594 vehículos sen a tarxeta de residente do barrio. No segundo espazo exclusivo da veciñanza, Metrosidero-Maestranza, abriron expediente a 46 infractoras/es. O Campo da Estrada foi outro dos puntos máis conflitivos, con 147 sancións.

A %d blogueros les gusta esto: