Uncategorised 07/04/2020

A repartición dos menús das Bolsas Comedor continúa durante toda a Semana Santa

by Victor Lamela

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, anuncia que a reparticion dos menús das Bolsas Comedor seguirase a realizar na cidade durante toda a Semana Santa. De non estarmos nun estado de alarma a consecuencia do coronavirus, este programa pausaríase durante as vacacions dos nenos e nenas. Deste xeito, a concellería informa que desde onte estanse a repartir as comidas habituais ás familias da crianzas que teñen opción a este tipo de bolsa municipal.

A repartición sufrirá unha pequena modificación xa que, pese a continuar nos colexios Raquel Caamacho, Víctor López Seoane, María Pita, Salgado Torres e Fogar de Santa Margarida, cancélase o servizo na Grande Obra de Atocha ata o vindeiro martes 14 de abril, día no que se volverá por en marcha. Nese período de tempo, as persoas que recollían os menús no colexio Grande Obra de Atocha deberán facelo no centro educativo Víctor López Seoane.

A Concellería de Benestar Social tamén sinala que, actualmente, estanse a repartir 576 menús diarios co programa municipal das Bolsas Comedor.

A %d blogueros les gusta esto: