Exposición 09/06/2016

A sala Plataforma14 acolle durante o mes de setembro a exposición ‘Wheels and Photos’

by Victor Lamela

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, responsable da área de Mocidade, vén de anunciar que a sala de exposicións municipal Plataforma14, situada no Fórum Metropolitano, acolle desde hoxe e até o 29 de setembro a mostra Wheels and Photos, un traballo do fotógrafo vasco David Mateo Martínez.

Nunha escolma de 30 imaxes o autor, inspirado na cultura asociada ao Café Racer e antigas concentracións moteiras, pretende “amosar o rexurdir da moto clásica na actualidade e a paixón que este mundo esperta en contornas moi diversas” documentando carreiras e concentracións celebradas en distintas cidades de Galicia, como A Coruña e Pontevedra, ou de Francia, na que retrata o festiv al Wheels and Waves de Biarritz.

A sala Plataforma14, promovida polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), é un espazo de recente creación destinado a visualizar os proxectos artísticos de artistas emerxentes da cidade. O recinto pode ser solicitado para exhibicións por todas aquelas persoas que teñan unha proposta creativa novidosa. Para obter máis información pode visitarse a web www.coruna.es/cmix/plataforma14

A %d blogueros les gusta esto: