Uncategorised 19th junio 2018

A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial con cinco días de actividades para todos os públicos

by Victor Lamela

A Torre de Hércules celebra este mes de xuño o seu IX aniversario como membro da lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Co gallo desta efeméride, o o Concello da Coruña programa entre o 27 de xuño e o 1 de xullo distintas actividades abertas á cidadanía, que se estenderán tamén á contorna do faro e outros espazos da cidade, como é o caso do concerto conmemorativo que a Banda Municipal ofrecerá o mércores 27 na praza das Bárbaras, na Cidade Vella.

O inicio do programa festivo chegará da man da iluminación especial da Torre, que terá lugar na noite do 26 ao 27 de xuño. Dende o propio mércores 27, e até o sábado 30, sucederanse as recreació​ ns históricas ​Ave Crunia da man das asociacións culturais Royal Green Jackets, Esgrima Antiga e Gallaecia Viva. Esta actividade incluirá tamén a ​Escola de pequenos lexionarios e gladiadores, un photocall romano, charlas divulgativas e dramatizacións das vidas militar e civil romanas, así como unha recreación histórica do Século de Ouro. As representacións contarán ademais co acompañamento da compañía de teatro Noite Bohemia, que realizará xogos de mesa romanos para todos os nenos e nenas que se acheguen o día 27. A mesma agrupación, que vén de ser escollida polo Ministerio de Cultura para participar no Concurso de Teatro Grecolatino de Sagunto, representará o sábado 30 a obra ​Troyanas.

Tamén o propio día 27 terá lugar a inauguración, dentro da Torre, dunha exposición de fotografía, como resultado do concurso celebrado nas pasadas semanas a través da rede social Instagram, no que se solicitaba ás persoas participantes que compartisen imaxes gozando da contorna da

Torre de Hércules co cancelo #MásQueUnaTorre.

Xa na xornada do xoves 28, entre as 17.00 e as 21.00 horas, a asociación cultural A Contorna ofrecerá diferentes obradoiros vinculados á natureza e o coidado do medio ambiente, para os que é imprescindible a inscrición previa a través do enderezo electrónico ​torredehercules@coruna.es​. Ao día seguinte, realizarase unha xornada de portas abertas e as actividades estarán centradas nas e nos máis cativo​ s, cun obradoiro de cómic e unha ​Xincana da natureza, esta última da man do Grupo Naturalista Hábitat. Pola tarde, contra ás 17.00 horas, tamén está prevista o programa habitual de visitas guiadas ao ENIL ​Sae do niño, que forman parte do programa de educación ambiental municipal.

De cara á fin de semana, o sábado 30 celebraranse diferentes obradoiros de sombras chinesas e de marionetas de papel para nenas e nenos de entre 6 e 11 anos. Estes obradoiros infantís terán un máximo de 15 prazas e requiren inscrición previa a través do enderezo electrónicotalleresinfantilescoruna@gmail.com​. Finalmente, a programación pecharase o domingo, 1 de xullo, cunha serie de actividades organizadas pola asociación veciñal As Atochas-Monte Alto, en colaboración co Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), que incluirán xogos populares así como concertos do Orfeón Herculino e A.S. Aturuxo. Durante toda a fin de semana, ademais, instalaranse na contorna un grupo de food-trucks, para gozar dunha parada gastronómica ao pé da Torre amenizada con música.

Tanto o programa coma todas as actividades que se van desenvolver ao longo destes días poderanse consultar a través das páxinas ​www.turismocoruna.com​, ​www.torreherculescoruna.come nos espazos en redes sociais da Torre de Hércules: ​www.facebook.com/torredehercules​,twitter.com/torrehercules​ e o perfil de instagram ​@torrehercules​.

A %d blogueros les gusta esto: