coruna 23/05/2020

A UDC destina 79.000 euros en axudas para o pago de matrícula e acceso a Internet do alumnado con dificultades derivadas da pandemia da COVID-19

by Victor Lamela

A Universidade da Coruña destina un total de 79.000 euros en dúas convocatorias de axudas extraordinarias ao seu alumnado polas dificultades derivadas da pandemia da COVID-19, aumentando a partida orixinal prevista para estas accións, que era de 40.000 euros, debido ao elevado número de solicitudes presentadas.

Por un lado, entregaranse 242 axudas para o pago de matrícula a aquel alumnado cunha situación de dificultade económica sobrevida pola crise sanitaria. Estas subvencións oscilan entre os 160 e os 300 euros.

Por outra banda, concédense 82 axudas para colaborar no pago do acceso aos servizos de Internet. Estas axudas varían desde os seis ao corenta euros por estudante.

A %d blogueros les gusta esto: