coruna 02/13/2019

A UDC pon en marcha un curso de posgrao en cumprimento legal e privacidade

by Victor Lamela

A Universidade da Coruña, o Colexio de Avogados (ICACOR), a Deputación da Coruña, a Asociación Española de Compliance (ASCOM), e a empresa Telefónica aúnan esforzos para poñer en marcha na Coruña o primeiro programa de formación de posgrao sobre compliancee protección de datos que confire, a quen supere estes estudos, ademais dunha formación de calidade orientada cara o emprego, o título universitario propio de especialista nestas materias.

O curso de especialización será presentado este venres, 15 de febreiro, ás 12:00 horas na sede de ICACOR, nun acto en que estará a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga.

A elaboración de programas de cumprimento normativo e a correcta xestión e protección dos datos persoais son dúas actividades que requiren un alto grao de coñecemento e especialización. Neste momento, como consecuencia da introducción no código penal da responsabilidade penas das persoas xurídicas e a entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de datos, existe unha elevada demanda de profesionais nestes sectores, tanto por parte da empresa privada como polas distintas administracións públicas.

Este curso de posgrao iniciarase o 1 de marzo; a matrícula estará aberta ata o 22 de febreiro; e rematará o 21 de xuño. A docencia e os diversos talleres e seminarios impartiranse os venres pola tarde na Facultade de Dereito e os sábados pola mañá na sede de ICACOR. A Deputación da Coruña ofrecerá bolsas para os gastos de matrícula e das prácticas.

A %d blogueros les gusta esto: