coruna 11/07/2020

A Universidade da Coruña abre as súas portas de forma virtual para darse a coñecer entre o futuro alumnado

by Victor Lamela

A Universidade da Coruña organiza unhas xornadas de portas abertas virtuais os vindeiros días 14 e 15 de xullo, no enlace https://www.udc.gal/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/.

As xornadas, organizadas desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Emprego, ofrecerán información e actividades para que o futuro alumnado universitario atope a súa titulación idónea de cara á matrícula do próximo curso. Para isto. Haberá videoconferencias de todas as titulacións de grao en directo con chats a través de Teams, testemuños e actividades en liña, con propostas de retos aos usuarios.

Tamén se amosará a vida universitaria con información das residencias universitarias, das iniciativas de deporte, cultura, emprego, cooperación e voluntariado que se organizan habitualmente na Universidade da Coruña, ademais de informar doutros servizos universitarios como o Centro de Linguas, a Oficina de Relacións Internacionais, a Oficina de Medio Ambiente, a UDC Saudable, a Atención á Diversidade e o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (Cufie), entre outros.

Todo aquel que queira informarse sobre a oferta académica da Universidade da Coruña pode acceder á páxina web, non precisa inscrición previa nin ter ningún programa informático específico.

A %d blogueros les gusta esto: