coruna 05/17/2019

A Universidade da Coruña ampliará dúas horas máis o horario extraordinario de época de exames nas aulas de estudo

by Victor Lamela

A Universidade da Coruña ampliará na primeira quincena de xuño en dúas horas o horario extraordinario das aulas de estudo do Centro Universitario de Riazor (CUR) e do Edificio de Apoio ao Estudo, en Ferrol a petición do alumnado.

Durante esta quincena, o CUR pechará ás 05:00 horas da madrugada, en vez de ás 3:00h., e a aula de estudo de Ferrol pechará ás 04:00h. Esta ampliación no horario farase en principio durante a primeira quincena de xuño pero se hai demanda de alumnado estenderase ata que remate o período extraordinario de exames.

A ampliación dos horarios responde a unha demanda de alumnado de varios centros que veñen constando a necesidade dun horario máis amplo para estudar, así como espazo específico para realizar traballos de grupo. Algúns centros, como a Facultade de Informática, a Facultade de Ciencias da Educación ou a Facultade de Ciencias, entre outros, dispoñen de espazos específicos habilitados para que o alumnado poida realizar os seus traballos de grupo desde hai tempo e con bos resultados. Outros, como a Escola Técnica Superior de Arquitectura, veñen de abrir 24 horas de forma extraordinaria un espazo para traballos de grupo no período previo á presentación de traballos que acaba de rematar.

A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria ademais de atender á demanda de ampliación dos horarios está a traballar para que o próximo curso se habilite no CUR e en Ferrol un aula de traballo.

 

CUR, Campus de Riazor

Horario habitual de invierno

De luns a venres: das 8.00 h ás 22.00 h
Sábados: das 10:00 ás 22:00 h
Domingos e festivos: pechado

Horario en época de exames

Do 15 de abril ao 14 de xuño (ambos os dous incluídos):
De luns a venres: das 08:00 h ás 03:00 da madrugada
Sábados, domingos e festivos: das 10:00 h ás 03:00 da madrugada

Nova proposta, do 1 ao 15 de xuño: Peche ás 05:00 da madrugada

Do 15 de xuño ao 16 de xullo (ambos os dous incluídos):
De luns a domingo e festivos: das 9:00 h ás 03:00 da madrugada

 

Edificio de Apoio ao Estudo, Campus de Ferrol

Horario habitual de invierno

De luns a venres: de 8.00 h ás 22.00 h
Sábados: das 9.00 h ás 22.00 h
Domingos e festivos: pechado

Horario en época de exames

Do 15 de abril ao 14 de xuño (ambos os dous incluídos):
De luns a venres: das 08:00 h ás 02:00 da madrugada
Sábados, domingos e festivos: das 9:00 h ás 02:00 da madrugada

Nova proposta, do 1 ao 15 de xuño: Peche ás 04:00 da madrugada

Do 15 de xuño ao 16 de xullo (ambos os dous incluídos):
De luns a domingo e festivos: das 9:00 h ás 02:00 da madrugada

A %d blogueros les gusta esto: