coruna 06/13/2019

A Universidade da Coruña beca a 17 estudantes para que realicen proxectos de cooperación en países en vías de desenvolvemento

by Victor Lamela

Dezasete estudantes universitarios realizarán unha estadía de cooperación en países en vías de desenvolvemento subvencionados pola Universidade da Coruña para realizar alí os seus proxectos fin de carreira, prácticas de materias ou traballos académicos obrigatorios.

A través da Oficina de Cooperación e Voluntariado, os estudantes colaborarán con diferentes ONGD en países como Honduras, Mozambique, Nepal, Etiopía, Guatemala ou Palestina. As estadías son de un a tres meses, nos que a persoa beneficiaria da bolsa ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación para desenvolver o seu proxecto de fin de grao ou mestrado relacionados coas temáticas de cooperación ao desenvolvemento. A UDC financia a viaxe, o seguro de viaxe e unha axuda para a manutención.

Ademais dos Proxectos de Coñecemento da Realidade, a Oficina de Cooperación e Voluntariado promove os Proxectos de  Coñecemento da Cooperación. Catro profesionais da UDC colaborarán con diferentes ONGs en Grecia, Mozambique, Colombia e Ecuador. Nesta convocatoria, a persoa adxudicataria da bolsa ten a oportunidade de involucrarse directamente nun proxecto en terreo en execución coas copartes das ONGD.

Antes de saír para desenvolver o seu proxecto, os estudantes recibiron un curso de formación específica, realizado en colaboración coas ONGs ACPP e Agareso. Dos 17 estudantes, un xa está no seu país de destino e o resto viaxará entre os meses de xullo e agosto.

Proxectos de Coñecemento da Realidade, beneficiarios

María González Flores, estudante do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento, viaxa a Palestina coa ONG Asamblea de Cooperación pola Paz, para colaborar na elaboración dun estudo de caso pormenorizado sobre os factores que supoñen un obstáculo para acadar a igualdade de xénero en Palestina, identificando polo menos dous elementos claros que poidan ser modificados. Este proxecto enmárcase dentro dunha estratexia máis ampla impulsada por ACPP e PARC para dispor de datos actualizados sobre desigualdade de xénero na rexión de cara a realizar intervencións pertinentes e efectivas.

Gloria Parra Sánchez, estudante do Mestrado en Políticas Sociais e IntervenciónSociocomunitaria, especialización en Migracións, viaxa a Guatemala coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia para participar no proxecto levado a cabo por SIEMBRA y ANGUADE no municipio de Concepción Chiquirichapa para promover a vixencia do dereito á saúde e o dereito a un medio ambiente saludable, con participación comunitaria de mulleres e homes, fortalecemento de capacidades institucionais e coordinación con Centro de Saúde e organizacións da Sociedade Civil que traballan por el desenvolvemento no municipio.

Raquel Meizoso Amarelo, estudante de Socioloxía viaxa a Atenas coa ONG AIRE e colaborará no proxecto “Humanidade”, un antigo hotel situado no centro de Atenas rehabilitado e xestionado por varias ONGs para dar atención integral a mulleres refuxiadas embarazadas e/ou con bebés lactantes.

Sandra Pérez Rodríguez, estudante de Arquitectura viaxa a Guatemala coa ONG Arquitectura Sen Fronteiras para participar nos proxectos que se están levando a cabo alí, o primeiro un proxecto de coñecemento da realidade que consiste en recadar információn da realidade alí existente e analizar as capacidades técnicas apropiadas, así como o estudo de construcións para a educación existentes e a colaboración na mellora da calidade educativa da Escola de Victorias, o outro proxecto consiste na de mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu

Clara Presedo Rama, estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria, viaxa a Honduras coa ONG Sólida para participar no proxecto de Inclusión social da adolescencia e xuventude. Pretende contribuir á construcción dunha sociedade máis xusta e comprometida, dándolle especial protagonismo ás mulleres, xuventude e infancia.

Laura Freijeiro Longueira, estudante de Fisioterapia, viaxa a Santo Tomé e Principe coa ONG Cooperación Bierzo Sur. O proxecto Tratamento e atención de fisioterapia en pacientes queimados en Santo Tomé e Príncipe” trata dunha memoria onde se recolle a información obtida tras o voluntariado neste país, sobre como a práctica fisioterapéutica pode mellorar a recuperación dun paciente queimado no ámbito hospitalario, facendo que a súa estadía se vexa reducida e obtendo un maior coste-beneficio, ademáis de poder diminuír os efectos das diversas morbi-mortalidades tanto precoces como tardías acarreadas.

Inés Sánchez Peña, estudante de Comunicación Audiovisual  viaxa a Nepal coa ONG Camina Nepal  para axudar nos proxectos levados a cabo co fin de que dispoñan dunha axuda continuada e conseguir así que as necesidades básicas dos nenos e nenas acollidos sigan cubertas en todo momento, a vez que desenvolve accións relacionadas con diversas áreas como a educativa, sanitaria, material, social, etc, co fin de mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas que alí viven.

Paula González Fernández, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levar a cabo un proxecto que consiste nunha intervención de fisioterapia a domicilio, acudindo de maneira persoal ao fogar daqueles nenos e nenas da illa de Santo Tomé e Príncipe que, por diversos motivos, non poden desprazarse ao centro de día, facilitándolles así o acceso á fisioterapia. A través desta intervención intentarase mellorar, na medida do posible, a súa calidade de vida, e tamén formar ao seu entorno familiar acerca de como fomentar a súa evolución.

Daniel Vázquez Paredes, estudante de Arquitectura viaxa a Guatemala para levar a cabo un proxecto de coñecemento da realidade que consiste no estudo da construción e a eficiencia enerxética da arquitectura de cooperación no departamento de Retalhuleu para a mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable da zona.

Tania Barreiro Torregrosa, estudante de Educación Social viaxa a Honduras coa ONG ACOES para colaborar no proxecto educativo “No se nace machista, se llega a serlo”. Este proxecto está dirixido a pobloación preadolescente e adolescente para incidir na importancia da igualdade de xénero. Entendendo as etapas previas da vida adulta como de formación de identidade, considerase de gran importancia conformar un pensamento a marxen de roles e estereotipos machistas que perpetúen o sistema patriarcal actual, por isto pretende alcanzar a iniciación nun pensamento feminista no que pretende ser guía de proceso e promotora de diálogo.

Gonzalo León González, estudante de Fisioterapia viaxa a Etiopía coa ONG Holystic Pro África para colaborar no proxecto de Educación e Formación en Fisioterapia Respiratoria e a súa implementación clínica na patoloxía neurolóxica pediátrica. Este proxecto está destinado a educar e formar os voluntarios e profesionais que colaboran na clínica da ONG (Wukro,Etiopía) en Fisioterapia Respiratoria adaptando os coñecementos e técnicas a nenos con afectacións neurolóxicas. Ademais este proxecto está enfocado a unha formación académica, xa que realiza un estudo do sistema respiratorio dos pacientes para poder determinar o posible risco de patoloxía respiratoria.

Juan Domingo Quintela Vázquez, estudante de Tecnoloxía da Enxeñaría Civil viaxa a Mozambique coa Univerdidade da Coruña para realizar unha análise da evolución historica da batimetría da baía de Inhambane. O proxecto consiste en establecer un método para o levantamento do relevo subacuático en augas pouco profundas ou intermedias a través de imaxes satelitais. A metodoloxía será testada na baía de Inhambane.

Aloia Fernández Álvarez, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levarr a cabo o seu proxecto de lmplantación da fisioteropia no ámbito deportivo orientado aos diferentes clubes de Santo Tomé e Príncipe. O proxecto consistena realización dunha serie de actividades a realizar durante a estadía no país, na cal, tratara de dar a coñecer a fisioterapia deportiva e promover a mellora na calidade de vida dos deportistas mediante arealización dun programa de prevención de lesións e abordaxe das diversas patoloxías que se dan a consecuencia da práctica deportiva. Ademais de promover a actividade física e o deporte na poboación de Sáo Tomé, previndo así enfermidades.

Adrián García González, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levar a cabo o proxecto de tratamento e atención de Fisioterapia a persoas con discapacidade temporal, consiste nunha memoria da actividade realizada durante a estadía no país, durante a cal mediante a fisioterapia tentará promover e mellorar a calidade de vida dos pacientes hospitalizados por mor dunha discapacidade temporal, intentando que o tempo de hospitalización sexa o menor posible e reducir as secuelas que poida orixinar a patoloxía que sofren.

Andrea de la Fuente Díaz, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Principe coa ONG Cooperación Bierzo Sur. O proxecto “Posta en marcha do primeiro centro de día de Santo Tomé e Principe” centrase nunha intervención basada no aumento da preparación do persoal do centro de día, mellorando a intervención de éstos nos diferentes perfiles de pacientes, axudando a promover unha evolución máis positiva dos mesmos e unha mellor calidade de vida e funcionalidade en todos eles.

María Doce Prada, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levar a cabo o seu proxecto Atención de fisioterapia orientada a persoas co discapacidade permanente. Pretende nun primeiro lugar a elaboración dunha memoria cos datos recollidos durante a estadía, cunha posterior avaliación das condicións das persoas que acuden ó centro de día e por último tratalos segundo as necesidades que cada un deles precisa.

María Dopico Aneirosviaxará a Honduras para colaborar nun proxecto de igualdade de xénero.

A %d blogueros les gusta esto: