coruna 09/21/2019

A Universidade da Coruña e a Asociación Española contra o Cancro afianzan a súa colaboración académica e científica

by Victor Lamela

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Manuel Aguilar, asinaron un convenio na Reitoría co obxectivo de afianzar a súa colaboración académica e científica.

Este acordo marco, que se concretará en convenios específicos, ten como finalidade, entre outros fins, cooperar para a promoción de hábitos de vida saudable entre a comunidade universitaria mediante mensaxes de saúde, ou formación e educación en saúde nos distintos ámbitos. Isto levarase a cabo mediante o programa “Tu Salud es lo Primero _ Solidaridad en la empresa”, que promove AEEC.

Ademais, promoverase a colaboración na realización de programas de voluntariado e participación social entre o alumnado da Universidade da Coruña, tanto de carácter educativo, científico e de investigación.

A %d blogueros les gusta esto: