coruna 06/24/2019

A Universidade da Coruña oferta tres graos novos e unha opción de dualidade o próximo curso

by Victor Lamela

A Universidade da Coruña ofrece o vindeiro curso un total de 3.133 prazas nos seus 42 títulos de grao coa novidade das titulacións: Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (Facultade de Informática, campus de Elviña), Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos (Facultade de Ciencias da Comunicación , campus de Elviña), Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación (Facultade de Humanidades e Documentación, campus de Ferrol) e a opción de dualidade do Grao en Enxeñaría Eléctrica (Escola Universitaria Politénica, campus de Ferrol-Serantes).

A oferta de prazas da listaxe dos 61 mestrados ascende a 1.521 coa novidade da especialidade en Música no Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, que se engade ás xa existentes.

Segundo afirmou o reitor, Julio Abalde, esta mañá na rolda de prensa de presentación dos títulos, a UDC “segue coa súa proposta de ser innovadora na súa oferta académica, tanto no que respecta aos contidos como nas modalidades de impartición”.  A Universidade da Coruña foi a primeira do Sistema Universitario Galego en ofrecer programas de simultaneidade (dobres títulos); a primeira en ter un grao interuniversitario (Grao en Paisaxe), tamén é pioneira en Galicia en ter un grao multilingüe en inglés (Grao en Xestión Industrial da Moda), primeira no Sistema universitario Galego en contar cun grao dual e en ofertar itinerarios específicos en inglés, con once títulos de grao que contarán con grupos neste idioma. Ademais, a UDC participa coas outras universidades galegas no Plan de Docencia en Galego, e o próximo curso o 80% das materias do Grao en Educación Social serán nesta lingua.

Abalde destacou ademais que a aposta innovadora da UDC non se limita só ao panorama galego, senón que en moitos casos, os novos títulos son innovadores con respecto ao Sistema Universitario Español. Así, o Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación é o segundo destas características que se implanta en España; o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos é o primeiro grao público no Sistema Universitario Español, e o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos tamén é dos poucos que existen no ámbito español. Estes títulos, indicou o reitor, “van a un sector de novas tecnoloxías cunha formación moi transversal que cubre a demanda desta revolución tecnolóxica en sectores emerxentes”.

No acto de presentación dos títulos da UDC desta mañá na Reitoría estaba presente tamén a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, quen describiu as características dos novos títulos, tanto dos que se implantan o próximo curso como dos que este ano comezaron a súa andaina (Grao en Xestión Industrial da Moda e Grao en Paisaxe), que son propostas aliñadas cos tres campus de especialización da UDC: Campus Industrial (Ferrol), Campus Innova e Campus Sustentabilidade (estes dous na Coruña). Vázquez destacou tamén o importante selo internacional de calidade que conseguiron as dúas titulacións que se imparten na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos: o Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil e o Grao en Enxeñaría de Obras Públicas, primeiros títulos do Sistema Universitario Galego en obter este recoñecemento internacional de calidade, que acredita estes graos como de excelencia internacional.

A vicerreitora de Oferta Académica lembrou ademais que o vindeiro luns, día de inicio da preinscrición nas titulacións universitarias para o alumnado que hoxe aprobe a ABAU, a UDC abrirá o Lugar de Entrega e Recollida de Documentos (LERD) do campus de Elviña para facilitar os trámites, que tamén se poden facer online.

Información sobre a preinscrición e admisión en: https://bit.ly/31JVvPc

 

 

GRAOS PRAZAS
Grao en Administración e Dirección de Empresas 180
Grao en Arquitectura Técnica 50
Grao en Bioloxía 70
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos      NOVO 50
Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte 120
Grao en Ciencias Empresariais 90
Grao en Comunicación Audiovisual 50
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos    NOVO 50
Grao en Dereito 119
Grao en Economía 90
Grao en Educación Infantil 120
Grao en Educación Primaria 120
Grao en Educación Social 80
Grao en Enfermaría 60
Grao en Enfermaría 60
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios 30
Grao en Estudos de Arquitectura 132
Grao en Fisioterapia 60
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios 40
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación     NOVO 45
Grao en Xestión Industrial da Moda (Plurilingüe en inglés) 50
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto 70
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas 50
Grao en Enxeñaría Eléctrica   (coa nova opción DUAL) 50
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática 50
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 45
Grao en Enxeñaría Informática 240
Grao en Enxeñaría Mecánica 52
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 45
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios 100
Grao en Logopedia 55
Grao en Náutica e Transporte Marítimo 50
Grao en Paisaxe (Interuniversitario coa USC) 50 (USC)
Grao en Podoloxía 50
Grao en Química 50
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (A Coruña) 70
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol) 48
Grao en Socioloxía 95
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 50
Grao en Tecnoloxías Mariñas 50
Grao en Terapia Ocupacional 50
Grao en Turismo 64
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito 60
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Bioloxía e o Grao en Química 10
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios 5
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Enxeñaría Mecánica e o Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 8
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Inglés, Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios 20
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Inglés, Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios 5
Programa de Simultaneidade (Dobre título) do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariales 25
   
   
   

Os programas de simultaneidade (dobres títulos) teñen unha estrutura propia cun número de créditos maior, desde os 333 ECTS da simultaneidade en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica, ata os 402 créditos da simultaneidade de ADE e Dereito, este último se realiza en seis cursos. O alumnado ten, ao seu remate, dous títulos de grao.

Ademais, a UDC ofrece:

Dobres títulos con universidades extranxeiras: O alumnado obtén dous títulos de grao, un pola UDC e outro por unha universidad extranxeira.

 

  1. Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)
  2. Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
  1. Grao en Enxeñaría Informática
  2. Grao en Dereito

 

Graos con itinerarios en inglés: Habilítase un grupo específico, voluntario, para que o alumnado curse un mínimo do 40% das materias en inglés.

 

  1. Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)
  2. Grao en Economía
  3. Grao en Química
  4. Grao en Enxeñaría Informática
  5. Grao en Bioloxía
  6. Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
  7. Grao en Tecnoloxías Mariñas
  8. Grao en Dereito
  9. Grao en Estudos de Arquitectura
  • Grao en Filoloxía Inglesa
  • Grao en Fisioterapia

 

MESTRADOS PRAZAS
Mestrado Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión 10
Mestrado Universitario en Avogacía 70
Mestrado Universitario en Acuicultura 10
Mestrado Universitario en Arquitectura 90
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial 28
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria 55
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas 30
Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña 10
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética 24
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde 25
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada 15
Mestrado Universitario en Ciberseguridade 20
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental 24
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing 13
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas 30
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos 25
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA) 30
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia 30
Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos 25
Mestrado Universitario en Economía 15
Mestrado Universitario en Edificación Sustentable 22
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético 32
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas 20
Mestrado Universitario en Estudios Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías 20
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 10
Mestrado Universitario en Xerontoloxía 25
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral 30
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 25
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga 25
Mestrado Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial 25
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial 40
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática 33
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña 20
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica 20
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria 20
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde 15
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial 20
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada 10
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade 20
Mestrado Universitario en Matemática Industrial 15
Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía 10
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo 20
Mestrado Universitario en Neurociencia 10
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Productos Turísticos 30
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria 30
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns 40
Mestrado Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual 30
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas 225 (totais)
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Artes (Artes Plásticas e Visuais)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Ciencias Experimentais (Ciencias Experimentais)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Ciencias Experimentais (Educación Física)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Ciencias Experimentais (Tecnoloxía)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Formación Profesional (Formación e Orientación Laboral)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Linguas e Literatura (Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación   Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Linguas e Literatura (Linguas Estranxeiras)  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Orientación Educativa  
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato,Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Artes (Música)  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada 25
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía 30
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica 20
Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas 25
   

 

A %d blogueros les gusta esto: