coruna 07/22/2019

A Xunta de Goberno Local aproba a operación de préstamo, plasmada xa no modificativo aprobado en maio por 6,5 millóns de euros, para poder executar os investimentos de gran interese para a cidade

by Victor Lamela

A Xunta de Goberno Local aprobou a autorización da concertación dunha operación de crédito por importe máximo de 6.505.000 euros para poder financiar as obras do modificativo de crédito aprobado en maio deste ano. Esta operación de crédito foi referendado polo pleno da anterior Corporación Local.
Entre os investimentos xa aprobados destacan a finalización da Piscina do Castrillón e o viaduto da Ronda de Nelle.

Tamén servirá para facer fronte aos pagos dos incrementos no capítulo 1 do Orzamento Xeral, agora prorrogado.Doutra banda, aprobouse a concesión dun crédito extraordinario para poder facer fronte ás obrigacións de pago (extraxudiciais) contraídas en exercicios anteriores.Entre estas obrigacións destacan os 3.023.983 que se endebedan á Compañía de Tranvías, e dúas facturas de 2016; unha a cargo das camisetas do Coruña Corre por valor de 5.100 euros, e outra por mantemento de hardware por valor de 2.555 euros.Así mesmo, aprobouse un suplemento de crédito por valor de 943.774 euros para sufragar o custo da certificación da obra da cuberta de Riazor, aínda sen abonar.

A %d blogueros les gusta esto: