coruna 13/02/2016

A Xunta de Goberno local deu luz verde a oito novas licenzas, entre elas a solicitude de reforma dun edificio co obxectivo de crear un museo da cervexa

by Victor Lamela

A Xunta de Goberno local deu este venres o visto e prace a 12 expedientes de licenzas urbanísticas, oito delas novas concesións. Entre estas atópase a que permite a reforma integral do antigo edificio de cocemento situado na rúa José María Rivera Corral, na Grela, e que posibilitará que a compañía coruñesa Hijos de Rivera SA inicie as obras para ubicar nese lugar un museo da cervexa.

unnamed

Desta forma, o departamento de licenzas da área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda propuxo á Xunta de Goberno local “conceder a licencia urbanística a Hijos de Rivera para a reforma integral do antigo edificio de cocemento sito na rúa José María Rivera Corral para exercer unha actividade dotacional privada (museo da cervexa) con arranxo ao proxecto básico presentado pola compañía e denominado Mundo Estrella Galicia”. A Xunta de Goberno local acordou tamén conceder un prazo de execución para as obras de 18 meses, contados a partir da notificación da licenza, tendo que iniciarse as mesmas nos seis primeiros meses.

As obras proxectadas por Hijos de Rivera para a reforma integral da nave axústanse ao planeamento municipal en canto a altura, ocupación, edificabilidade, retranqueos, condicións estéticas e demais parámetros urbanísticos, segundo informes favorables de técnicos de servizos de licencias. Do mesmo xeito, os usos dos que se pretende dotar ao edificio, solicitados pola cervexeira, tamén se axustan ao Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de 2013.

A %d blogueros les gusta esto: