coruna 06/12/2015

Alberto Lema salienta “as oportunidades que A Coruña pode ofrecer” nas súas relacións empresariais con Shenzhen

by Victor Lamela

O concelleiro de Empresa e Economía Social, Alberto Lema, deu conta este sábado do traballo desenvolvido durante a súa viaxe a China a finais do pasado mes de novembro, onde mantivo encontros con, entre outros, o presidente executivo da Federación de Industrias de Shenzhen –unha entidade que representa a varios miles de empresas con volume agregado de máis de 260.400 millóns de dólares–, quen xa no mes de xullo visitara A Coruña para abordar posibles colaboracións comerciais coa cidade e a comarca, o alcalde de Yantián­Shenzhen ou o procedente da Federación Nacional da Economía Industrial. “Alí puidemos trasladar a grande oportunidade que pode representar A Coruña, pola súa posición privilexiada cara aos tráficos por mar entre África, América e Europa”, salientou o responsable municipal, quen valorou de forma moi positiva a expedición a Yantian­Shenzhen, no sur da provincia de Cantón. O concelleiro tamén participou, durante a súa estancia na cidade chinesa, no IV Foro de Desenvolvemento Industrial desta cidade, para dar conta das virtudes e potencialidades dos espazos industriais da Coruña e a súa comarca, así como os seus portos interior e exterior e o seu persoal.

“Cremos que esta viaxe é un segundo paso para tratar de dar pulo á colaboración entre estas dúas cidades, portos e empresas”, valorou Lema, despois de recordar a oportunidade que poden comportar as operacións comerciais co porto de Shenzhen, o terceiro do mundo en tráfico de contedores, e a importancia destas relacións empresariais de cara a atraer investimentos e crear postos de traballo.

A %d blogueros les gusta esto: