Conciertos 04/11/2019

ALINE FRAZÃO, PROTAGONISTA DA SEGUNDA FESTA DE PRESENTACIÓN DE ELAS SON ARTISTAS

by Victor Lamela

A segunda edición de Elas Son Artistas reunirá durante 9 días máis de 20 propostas que van desde a música punk ata a narración oral, un obradoiro de escritura terapéutica ou unha performance pictórica dunha artista sevillana inspirada en Emilia Pardo Bazán.

Teremos monólogos, swing, folk galego, unha xornada profesional enmarcada no ciclo A Cultura é un dereitoque organiza o Departamento de Cultura da Deputación da Coruña… E todo iso circulando por seis concellos da área metropolitana de A Coruña e combinando propostas de pago (temos xa menos de 50 abonos dispoñibles a un prezo de 44€ ive incluido que se poden reservar a través de entradas@salamardigras.come por 1€ máis se poden recibir na porta da casa grazas a Pide un mensajero) con outras de acceso libre. Un evento con artistas dende Estados Unidos, Portugal, México (aínda que afincada en Madrid), Catalunya, Madrid, Andalucía e moitas propostas galegas…

 

Festa de presentación con Aline Frazão

Pero moito antes disto, chegará ao Garufa Club a cantante angolana, Aline Frazão, co seu novo traballo, Dentro da Chuva. Un traballo máis íntimo, máis “espido”, en palabras da propia artista, que a fixo encarar a música doutra maneira. O disco foi gravado en Río de Xaneiro e celebra as influencias brasileiras da artista e a forte conexión que sente con aquela cidade. É un traballo que no sabía moi ben que facer.

Aline Frazão é unha muller de causas, e enténdese o carácter político e social en varios dos seus temas. A artista recoñece os adiantos nos dereitos sociais en Angola, mais pide máis e relembra que “é importante manter o alerta para non haber retrocesos nos dereitos conquistados”. Además, é licenciada en Comunicación e redacta unha crónica semanal para o diario Rede Angola.

28 de abril no Garufa Club ás 20h00.

Entradas á venta en Ataquilla: https://bit.ly/2WqYlFf

A %d blogueros les gusta esto: