Exposición 07/14/2015

Anthony Blake traspasa os límites da mente esta fin de semana no Teatro Colón

by Victor Lamela
  • O mentalista presenta o venres 17 e o sábado 18 ás 21:00 horas o espectáculo ‘+allá de la imaginación’
  • O domingo 19 grupos de distintas nacionalidades participan no Festival Internacional de Folclore

Este venres 17 e o sábado 18 ás 21:00 horas o mentalista Anthony Blake presenta o espectáculo ‘+allá de la imaginación’ no que explora os límites da mente. O domingo 19 ás 20:30 horas poderemos gozar coa música e a danza de agrupacións folclóricas de distintos lugares do mundo no Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

+allá de la imaginación é unha proposta imprevisible que de seguro sorprenderá ao público coruñés. O mentalista, coñecido polas súas intervencións televisivas, leva 30 anos desafiando aos límites da mente. O espectáculo que presenta no Teatro Colón é un repaso por estes anos con grandes doses de improvisación, xa que con Anthony Blake nunca ocorre o mesmo, non hai dúas funcións iguais, pois o material co que traballa son os pensamentos do público. E o público non sempre responde do mesmo xeito, o que o obriga a adaptarse, deixando que o ritmo o marque o espectador.

Unha cámara negra, unha mesa, unha luz intimista e misteriosa, unha música suxerinte e unha envolvente voz son os elementos que Anthony Blake emprega para ler a mente e interpretar e manipular os pensamentos, creando a dúbida do cómo que sentencia na famosa frase: ‘Y recuerden, todo lo que han visto ha sido producto de su imaginación, no le den más vueltas, no tiene sentido’.

 

Últimas funcións do Ciclo de Teatro Candilejas Don Bosco

O mércores 15 e o xoves 16 terán lugar as últimas funcións do Ciclo de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco que se iniciou o 1 de xullo e no que participaron seis grupos de teatro afeccionado.

Os grupos de teatro Fas-que-Fas e o grupo Tanxedoira serán os encargados de pechar o ciclo. Fas-que-Fas, grupo vinculado á Fundación Wenceslao Fernández Flórez presenta o mércores 15 ás 20:30 horas a obra A Fábula e o grupo de teatro Tanxedoira pecha o ciclo o xoves 16 coa comedia de Alfonso Paso ‘Usted puede ser un asesino’.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

A %d blogueros les gusta esto: