Ayuntamiento 17/10/2011

Arranca a sexta edición do Festival Galego de Cabaré que durante máis dunha semana encherá A Coruña de espectáculos

by Victor Lamela

Este mediodía o Fórum Metropolitano da Coruña encheuse de glamur, flashes e sorrisos no que foi o pistoletazo de saída do Festival Galego de Cabaré, a mostra de teatro, música e danza única en toda
a Península que dende o 20 ao 29 de Outubro dinamizará as rúas da Coruña, os teatros e os bares, cunha programación moi completa e variada de 13 espectáculos repartidos en tres bloques temáticos.

Pola alfombra vermella e o “photocall” instalados no hall do Fórum Metropolitano pasaron as actrices da compañía anfitriona, Femme Fatale, o Director do Festival, Nelson Quinteiro, A Directora do Fórum Metropolitano, Begoña Llamosas e o Director do Teatro Rosalía de Castro, Xosé Paulo Rodríguez.

Unha choiva de flashes e moita música en directo da banda Micky Nervio and The Bluesmakers para un acto público, participativo e moi concurrido, no que os asistentes coñeceron a programación do
Festival e compartiron brindis e bombóns coas actrices asistentes.

Para darlle continuidade ao que pretende ser unha campaña divulgativa que chegue a todos e cada un dos recunchos da cidade, o vindeiro mércores 19 dende a organización do Festival e a Compañía
Femme Fatale convídase a todos os coruñeses e coruñesas a participar nun Flash Top baixo o título “Un Festival sobre rodas” a modo de marcha ciclofestiva polas rúas da cidade para festexar a
chegada da Sexta Edición do Festival. O percorrido comezará no Campo de Marte ás 19.00h, empregando o servizo municipal de bicicletas, debidamente caracterizados de principios do Século XX.

A %d blogueros les gusta esto: