coruna 20/05/2020

As Bibliotecas Municipais recollerán material desde este venres e restablecerán o servizo de préstamo o 1 de xuño

by Victor Lamela

As Bibliotecas Municipais comezarán este venres a recoller devolucións para seguir o 1 de xuño co servizo de préstamos, que se realizará a través da reserva de materiais e solicitando cita previa. Desde o concello, decidiron deixar estes días de marxe porque unha parte importante dos fondos está en circulación e mais para instalar biombos que garantan a seguridade e salubridade das persoas usuarias e do persoal traballador. Deste xeito, neste período definirán a nova dinámica de préstamos, co fin de minimizar os erros na práctica habitual dos centros bibliotecarios.

Nesas xornadas de adaptación, antes de que as persoas usuarias poidan levar exemplares, terán acceso ao catálogo en liña para formalizaren as súas reservas. Canto ao horario, as bibliotecas axustarán a súa atención ao público para que as quendas non coincidan no relevo, xa que o cadro de persoal está reducido cun máis do 30% teletraballando desde a casa.

Así, tanto o Centro Ágora, o Fórum Metropolitano como as bibliotecas da Sagrada Familia e Os Rosales estarán abertas de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, con sábados alternos, en horario das 10.00 ás 14.00 horas, de forma que dous destes centros estarán dispoñibles as fins de semana. A Biblioteca Infantil e Xuvenil estará operativa de luns a venres, das 17.00 ás 20.00 horas, con sábados alternos, en horario das 10.00 ás 14.00 horas, e as persoas usuarias poderán acudir aos centros de Monte Alto e O Castrillón, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas. En Estudos Locais, non haberá atención presencial mais traballan para poder ofrecer os seus servizos en liña.

A %d blogueros les gusta esto: