coruna 01/12/2015

As chamadas ao Teléfono de Información Cidadá 010 son de balde para os coruñeses e as coruñesas

by Victor Lamela

O Concello quere salientar que as chamadas ao Teléfono de Información Cidadá 010 non derivan custo algún para quen as realiza, unha gratuidade que resulta efectiva desde o mes de abril do pasado ano 2014.

Esta gratuidade deriva dun acordo do Concello co Operador R, que asumiu o custo das chamadas dos usuarios e usuarias, dentro dun convenio para obter a prórroga do contrato de telefonía fixa. Esta gratuidade afecta á totalidade das persoas que utilizan este servizo e non só ás persoas usuarias dun contrato co Operador R.

Aínda que este servizo á cidadanía é gratuíto dende febreiro do ano pasado, os veciños e veciñas poden informarse na web municipal, no seguinte enlace:

http://www.coruna.es/servlet/satellite?c=Page&pagename=CorunaPortal%2FPage%2FGenerico­Pa ge­Generica&cid=1420423990014&argIdioma=é

Ademais, o acordo asinado coa operadora R establece que, se un ou unha usuaria “comproba que o seu operador de telefonía lle aplica algún cargo na súa facturación pola utilización do servizo do 010, poderá dirixirse a el para presentar a oportuna reclamación”, sendo, en todo caso, o Concello alleo a esta situación.

A %d blogueros les gusta esto: