Home » Trafico » Currently Reading:

As liñas de transporte público urbano modificarán os seus itinerarios o sábado 10 e o martes 13 co gallo da celebración do Entroido

febrero 9, 2018 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible establecerá mañá, sábado 10, un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración do Desfile do Entroido, así como dos concursos de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e coreografía. A comitiva sairá ás 17.30 horas de avenida da Habana con dirección cara a praza de María Pita, polo que transitarán pola Rubine, a praza de Pontevedra, San Andrés e Santa Catalina, Cantóns e a avenida da Mariña. O percorrido provocará o peche ao tráfico das rúas polas que circularán as carrozas e comparsas, que se reabrirán segundo avance a comitiva e o público vaia abandonando a calzada. En concreto, o acceso á avenida da Habana, vía da que sairá a comitiva, estará cortado entre as 14.30 e as 18.30 horas para facilitar o comezo do desfile. Nesta mesma avenida estará prohibido estacionar vehículos desde as 08.00 horas da mañá e até as 18.30 horas na rúa, así como na zona de estacionamento situada diante da piscina municipal de Riazor.

O transporte público verase afectado pola realización do desfile. Así, desde as 14.30 horas, momento no que se pechará o acceso da avenida da Habana, as liñas 3 e 3A circularán pola rúa Manuel Murguía, tanto á ida como á volta, empregando as paradas existentes nesta vía. A partires das 17.30 horas, momento no que comezará o desfile, as liñas 3 e 3A, en sentido cara a Adormideras, e até que se libere o treito comprendido entre a avenida da Habana e a praza de Pontevedra, circularán por Gregorio Hernández até a glorieta da ronda de Nelle con Vila de Negreira, baixando polo Paseo de Ronda cara a Calvo Sotelo, Alfredo Vicenti, praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Ourense, Juana de Vega –polo túnel– e Paseo Marítimo. Desde aquí a liña 3A continuará polo seu itinerario habitual, mentres que a liña 3 continuará pola rúa Hospital, Campo da Leña, Veramar e Abente y Lago, lugar no que recuperará a súa ruta. No regreso desde Adormideras, a liña 3 circulará polo Paseo Marítimo, Salesianos, rúa Hospital, Campo da Leña, Metrosidero, Mestranza, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –polo túnel–, incorporándose así en Juan Flórez ao percorrido acostumado. Pola súa banda, a liña 3 circulará por avenida de Navarra, rúa Torre, Campo da Leña, Baltasar Pardal, Metrosidero, Mestranza, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –tamén polo túnel–, para reincorporarse a súa ruta en Juan Flórez.

No caso da liña 7, desde a glorieta de Ronda de Nelle con Vila de Negreira e até que se libere o treito comprendido entre a avenida da Habana e a praza de Pontevedra, circulará por paseo de Ronda, Calvo Sotelo, Alfredo Vicenti, praza de Pontevedra, Teresa Herrera, praza de Ourense, Juana de Vega –túnel–, Paseo Marítimo, rúa Hospital, Campo da Leña, Baltasar Pardal, Veramar e Abente y Lago. Desde a avenida de Hércules, circulará pola rúa Torre, Campo da Leña, Veramar, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –polo túnel–, onde continuará co seu percorrido habitual en Juan Flórez.

As liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A, desde a praza de Ourense, circularán pola avenida do Porto, túnel do Parrote e glorieta das Ánimas. As liñas 5 e 17 continuarán por Abente y Lago e Mestranza, lugar no que se reincorporarán ao seu itinerario, mentres que as restantes –1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A– regresarán polo túnel e avenida do Porto cara á praza de Ourense, para continuar co seu percorrido habitual. Ademais, a liña 17 –no sentido de circulación cara ao CHUAC–, baixará desde Mestranza cara a glorieta das Ánimas, túnel do Parrote, avenida do Porto e praza de Ourense, momento no que recuperará o seu percorrido diario.

Pola súa banda, as liñas 4, 6, 6A e 11, no sentido cara a avenida de Hércules, circularán desde a praza de Pontevedra por Teresa Herrera, praza de Ourense, Juana de Vega –túnel– e Paseo Marítimo, onde manterá o itinerario habitual. No sentido contrario, desde a avenida de Hércules, circularán pola rúa Torre, Campo da Leña, Baltasar Pardal, Veramar, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –túnel– ata reincorporarse, na súa ruta regular, en Juan Flórez. Finalmente, as liñas 21, 22, 24 e UDC circularán, desde a praza de Ourense, por Juana de Vega a Juan Flórez, parada na que as liñas 22, 24 e UDC recuperarán a súa ruta. Mentres, a liña 21

2

Nota de Prensa percorrerá Juan Flórez para baixar, de seguido, por Marcial del Adalid. Desde aquí, incorporarase

en Linares Rivas ao seu percorrido diario.

Carnaval de San Xoán

Ao día seguinte, o domingo 11, os locais da rúa San Xoán celebrarán o seu Carnaval, que incluirá actuacións musicais, pasarrúas, concursos de filloas e diversas actividades infantís. Estas actividades festivas provocarán o peche ao tráfico, entre as 12.00 e as 22.00 horas, desta vía.

Martes de Entroido

A celebración do Martes de Entroido na contorna da rúa Torre provocará o corte desde as 08.00 da mañá da rúa San Xosé, así como o corte desta rúa na confluencia de Atocha Baixa durante a ofrenda floral, que terá lugar entre as 14.15 e as 14.40 horas. A partires das 15.30 horas, pecharase a rúa Torre -desde a avenida de Hércules até o Campo da Leña–, ademais das rúas San Xosé coa travesía San Xosé, San Xoán e Baltasar Pardal Vidal, na beirarrúa co centro escolar. En función das actividades, pola tarde a afección poderase estender até o Campo da Leña e a rúa Torre.

Esta previsión provocará modificacións nas rutas das liñas 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11 e 17. Así, as liñas 4, 6 e 6A circularán desde San Andrés e rúa Alta polo Paseo Marítimo até a glorieta das Lagoas e avenida de Hércules. Á volta e, desde esta vía, as liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 circularán cara á Praza de Pontevedra por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta Goicouría á Praza de Pontevedra, onde recuperarán os seus itinerarios habituais. Como as liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 non poderán atender a parada situada fronte ao IES Eusebio da Guarda ao acceder á praza de Pontevedra por Modesta Goicouría, pararán fronte ás oficinas do Real Club Deportivo.

A liña 17 circulará, desde a avenida de Hércules, por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo –cara á Torre de Hércules–, continuando por esta vía cara a rúa Veramar e

3

Nota de Prensa

incorporándose así, en Metrosidero, ao seu itinerario regular. Pola súa banda, a liña 3A, á saída de Adormideras, desde a Glorieta de Torrente Ballester, continuará polo Paseo Marítimo cara á rúa Veramar para incorporarse ao seu traxecto habitual en Metrosidero. Finalmente, a liña 5, desde a súa saída en Adormideras, continuará pola avenida de Navarra e rúa Torre e incorporarase á avenida de Hércules para baixar por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo. En Modesta Goicouría virará cara á praza de Pontevedra, facendo parada fronte ás oficinas do Real Club Deportivo, para recuperar, desde ese punto, a súa ruta cara a Juan Flórez.

Enterro da Sardiña

Por último, a celebración do Entroido pecharase co tradicional Enterro da Sardiña, que provocará o peche ao tráfico da rúa Areal desde as 18.00 horas. A saída da comitiva enlazará coa retirada do Moro do seu trono no Campo da Leña, contra as 21.00 horas, para continuar cara a praia de San Amaro, a través das rúas Baltasar Pardal Vidal, Torre e Manuel García Canzobre, até chegar ao areal.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:







*

A %d blogueros les gusta esto: