coruna 27/10/2020

As novas aventuras de “Mortiña” en galego xa están nas librarías

by Victor Lamela

Tras o éxito das dúas primeiras entregas de Mortiña con “Unha historia para esmendrellarse de risa” e “Un curmán repugnante”, xa están nas librarías as novas aventuras da nena zombi en galego “Mortiña. O amigo pantasma” da man da editorial coruñesa Hércules de Ediciones.

Con espectaculares ilustracións e textos de Barbara Cantini e traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González, nesta ocasión Mortiña ten que investigar quen é o misterioso neno pantasma que desde hai días intenta entrar en Vila Decadente, nunha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.

 

Sobre a autora

Barbara Cantini naceu en Florencia en 1977. Despois de licenciarse, graduouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso Ilustrador do ano. Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co seu marido, as súas dúas fillas, catro gatos e un atrevido hámster… xa zombi.

No 2017 publicou “Mortiña”, o primeiro volume da serie, un éxito internacional traducido a vinte e tres linguas, entre elas ao galego por Hércules de Ediciones, ao que seguiu no 2018 “Mortiña. Un curmán repugnante”.

A %d blogueros les gusta esto: