Ayuntamiento 18th febrero 2019

As primarias da Marea Atlántica ratifican a Xulio Ferreiro como candidato ás eleccións municipais do 26 de maio

by Victor Lamela

A votación que pechou o proceso de primarias da Marea Atlántica, celebrada nos días 15, 16 e 17 de febreiro, ratificou a Xulio Ferreiro como candidato á alcaldía da Coruña nas eleccións municipais do 26 de maio. O proceso desenvolveuse sen ningún tipo de incidencia.

Tras o peche do voto telemático, ás 23.59 horas deste domingo, os resultados provisionais son os seguintes:

  • ●  Votos pola candidatura de Xulio Ferreiro: 232.
  • ●  Votos en branco: 15.
  • ●  Total de votos emitidos: 247.
  • ●  Porcentaxe de participación: 38,65%.

    Deste xeito, as 20 persoas que acompañaban a Xulio Ferreiro na súa candidatura pasarán a ocupar os 20 primeiros postos da lista electoral da Marea Atlántica. Os nomes que ocuparán os números do 21 ao 27 decidiranse nunha Rede o vindeiro 28 de marzo.

    Conforme ao regulamento de primarias, ábrese agora un prazo de alegacións nos días 19 e 20 de febreiro. Os resultados definitivos proclamaranse o día 21, tamén nunha convocatoria de Rede.

    Un proceso de máis dun ano

    Estas primarias conclúen máis dun ano de traballo, especialmente intenso nos últimos dous meses, para fomentar o debate interno, escoitar todas as voces e preservar o espazo político que construímos en 2014. Fronte á lóxica da confrontación, na Marea Atlántica procuramos favorecer o consenso e a toma de decisións en común.

Estas son as 20 persoas que abren a candidatura da Marea Atlántica ás eleccións municipais do 26 de maio:

  1. Xulio Ferreiro: Alcalde da Coruña. Profesor titular de Dereito e maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo. Dos Mallos, da Gaiteira e socio do Dépor.
  2. MaríaGarcía:​ConcelleiradeMedioAmbiente.
  3. XiaoVarela:​ConcelleirodeRexeneraciónUrbana.
  4. SilviaCameán:​ConcelleiradeXustizaSocial.
  5. AlbertoLema:​ConcelleirodeEconomíaSocialeEmprego.
  6. ClaudiaDelso​:ConcelleiradeParticipación.
  7. Iago Martínez: Xefe de Gabinete da Alcaldía do Concello da

    Coruña e membro da Coordinadora da Marea Atlántica.

  8. IsabelFaraldo:TraballadoradoServizoGalegodeSaúde,coruñesa dos Mallos e activista en defensa do dereito á sanidade pública,

    gratuíta e universal.

  9. Susana Soneira​: Decana do Colexio de Graduados Sociais da

    Coruña e Ourense, e vicepresidenta do Consello Xeral de

    Graduados Sociais de España.

10.Javier Pérez: ​Profesor de Formación e Orientación Laboral no

CIFP Anxel Casal – Monte Alto.
11.Natalia Balseiro:​ Profesional do eido cultural, durante trece anos

na administración pública e outros cinco como independente.12.Adrián García Seijas: Formado en Ciencias Políticas e Asesoramento Xurídico en Medio Ambiente. Traballador en precario do telemárketing. Integrante do comité de empresa de

Extel na Coruña.
13.Leticia Barbadillo: ​Comunicadora e profesora en formación.

Activista pola educación pública e os dereitos das persoas

diversofuncionais.
14.Mariano Fernández Cabarcos: Autoempregado da xestión cultural

e socio fundador de CUAC FM.
15.Gema Rivera​: Enfermeira e xubilada. De familia de xente do Mar.

Sindicalista. Comprometida na comunidade educativa.
16.Antía Garrote: ​Titulada en Humanidades e traballadora en precario. Vencellada aos movementos estudantís por un ensino

público de calidade.
17.Rubén Pérez​: Activista dos dereitos e o benestar animal. Impulsor

da eliminación das touradas na Coruña.
18.Ángeles Huerta: ​cineasta, profesora da Escola de Idiomas da

Coruña, doutora en Literatura Comparada e premio Mestre Mateo

2017 ao mellor documental.
19.Ricardo Cao: Catedrático de Estatística na UDC, da que foi

vicerreitor entre 2012 e 2015. Defensor da universidade pública.20.Stephanie Ordóñez: Xornalista. Licenciada en Filoloxía Hispánica.

Activista social e ecoloxista.

A %d blogueros les gusta esto: