Uncategorised 01/06/2020

ASUNTO: A Federación Galega de Karate organiza a súa primeira competición en liña

by Victor Lamela

O pasado 30 de maio a Federación Galega de Karate organizou a súa primeira competición en liña. Este evento virtual pretendía ofrecer unha iniciativa deportiva innovadora aos deportistas que terían participado no Campionato Galego Infantil que se debeu cancelar pola crise sanitaria do COVID-19. A modalidade de competición elixida foi a de kata individual e foi retransmitida en directo pola canle de You Tube da FGK. Os resultados podíanse seguir tamén en directo en www.karatescoring.com , a plataforma web coa que a federación xestiona todas as súas competicións.

A iniciativa tivo unha excelente acollida, rexistrándose unha participación de 88 deportistas pertencentes a 18 clubs das 4 provincias galegas. Todos os deportistas recibiron por e-mail un diploma de participación, que ía personalizado no caso dos medallistas das diferentes categorías.

A relación de clubs participantes foi a seguinte:

  1. Akai-ryu
  2. Artes Marciales Fene
  3. Benigym
  4. Bunkai
  5. Chantada Karate Club
  6. Renbu-kan
  7. Escola de Karate Val do Dubra
  8. Escuela Deportiva Shihan
  9. ESK Narón
  10. Full Karate Club Galaico
  11. Gimsport
  12. Karate Club Maceda
  13. Karate Club Viana
  14. Karate Casino de Ares
  15. Karate-do Carballo
  16. Mizukami
  17. Shito Ryu A Mariña
  18. Shitokai Mugardos

As ligazóns da competición son as seguintes:

  • –  Xornada de mañá https://www.youtube.com/watch?v=wKW4H9eSBGc&t=37s
  • –  Xornada de tarde https://www.youtube.com/watch?v=lgo7k13Dg50&t=23sMáis alá dos resultados obtidos, a FGK quere facer un recoñecemento ao extraordinario esforzo e ilusión postos por todos os deportistas, árbitros e persoal de staff. Unha boa mostra da capacidade de superación que nos proporciona o deporte para sobrepoñerse a situacións adversas.
A %d blogueros les gusta esto: