Ayuntamiento 09/06/2019

AVIA VEIRA PREGUNTA AO GOBERNO LOCAL SE TRABALLA ”XA” NA POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA DE BOLSA DE VIVENDA EN ALUGUER

by Victor Lamela

A concelleira do BNG Avia Veirainsta o goberno local a que dea xa os primeiros pasos para pór en marcha un programa municipal de bolsa de vivenda en réxime de aluguer.

O emprazamento ao executivo coruñés vaino facer Veira a través dunha pregunta para a súa resposta oral no pleno do concello, a se realizar o vindeiro xoves 12 de setembro.

Veira lembra que a aprobación e posta en marcha dese programa “na primeira metade do mandato”figura como un dos compromisos no acordo de investidura asinado o 19 de xuño polos grupos municipais do BNG e PSdeG.

 

A %d blogueros les gusta esto: