coruna 09/12/2019

AVIA VEIRA, SOBRE O COMEZO DO CURSO ESCOLAR: “A XUNTA CONTINÚA A DESATENDER AS NECESIDADES DO ENSINO PÚBLICO NA CIDADE DA CORUÑA”

by Victor Lamela

Comezou este mércores o curso escolar en infantil e primaria na cidade e continúan sen se resolver os principais problemas do ensino público: saturación nas aulas, falta de profesorado suficiente, precariedade de recursos, a LOMCE aínda vixente…

“Estas eivas non son casuais. Son o produto das políticas privatizadoras e desgaleguizadoras do Partido Popular”, avalía a concelleira do BNG Avia Veira, quen enumera outras deficiencias que precisan seren subsanadas: “Xa na campaña electoral denunciamos a existencia de problemas de accesibilidade para alumnas e alumnos con mobilidade reducida, ben como puxemos en evidencia o preocupante estado que presentan as cubertas dalgúns centros ou a necesidade de modernizar os comedores escolares”.

“É a Xunta a administración competente e é quen está a faltar ás súas obrigas de atención das necesidades do ensino público na cidade da Coruña”, considera Avia Veira. “O concello está a botar unha man, pero as competencias son da Xunta. Ela é a responsábel de que comece o curso escolar con estas materias pendentes”, conclúe.

A %d blogueros les gusta esto: