coruna 10th enero 2019

AVISO CORTES DE TRÁFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Traballos no carril bici en Pérez Ardá

Do 10 ao 31 de xaneiro producirase a ocupación dun carril de circulación, en horario de 09.30 a 19.30 horas, deixando outro libre na rúa Pérez Ardá, entre a rolda de Outeiro e a glorieta de Monelos, en dirección saída. A actuación prevista é a ampliación na parada do autobús.

Orientación do alumeado en varias vías

Na noite do día 10 ao 11 de xaneiro, en horario de 21.30 a 05.00 horas, levarase a cabo a ocupación dun carril, mantendo todos os sentidos do tráfico, en Paseo de Ronda, rotonda das Esclavas, Manuel Murguía e a intersección da avenida de Gran Canaria con Archer Milton Huntington

A %d blogueros les gusta esto: