Trafico 05/07/2019

AVISO CORTES DE TRAFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Reparación de beirarrúas

Do día 7 a o 16 de maio, en horario de 08.30 a 19.30 horas, producirase a ocupación da zona de aparcadoiro na rúa Marqués de Amboage, 9-13, para o desvío dos peóns. Tamén se farán ocupacións puntuais, en períodos de 15 a 30 minutos, da zona de carga e descarga.

Traslado de báculo

O día 9 de maio, de 10.00 a 11.00 horas, realizarase o corte dun carril na ronda de Outeiro con avenida da Sardiñeira, en dirección saída da cidade.

Plantación de zona axardinada

Do día 8 ao 9, en horario de 08.00 a 15.00 horas, plantarase na ronda de Outeiro, entre a avenida de Fisterra e a avenida de Arteixo. Nos días 9 e 10, de 08.00 a 15.00 horas, faranse as mesmas tarefas en Pérez Ardá, entre a rotonda de Monelos e a ronda de Outeiro.

Mantemento de zonas peonís

Do 8 ao 10 de maio, en horario de 09.30 a 18.00 horas, producirase o corte dun carril na conexión entre a rúa Jaime Hervada e a avenida de Fisterra, manténdose o tráfico de entrada. O desvío dos vehículos realizarase por Francisco Miguel cara a Monasterio de Caaveiro, respectando o tránsito peonil.

Limpeza de mediana

O día 13 de maio, en horario de 00.00 a 06.30 horas, cortarase o carril interior da rolda de Outeiro, en ambos sentidos, entre a avenida de Fisterra e a avenida de Oza. Respectaranse os xiros á esquerda en todos os tramos.

A %d blogueros les gusta esto: