Trafico 23rd noviembre 2018

AVISO CORTES DE TRAFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Pavimentación

Do 19 ao 26 de novembro, en horario de 09.00 a 18.00 horas, producirase o corte do acceso aos garaxes dos números 30 e 48 da rúa Palavea Vella, vía sen saída.

Iluminación do Nadal

Do 23 de novembro ao 1 de decembro, en horario de 21.00 a 06.00 horas, instalarase o alumado do Nadal nas seguintes vías: no tramo da Rolda de Outeiro entre a avenida das Conchiñas e a rúa Manuel Deschamps, avenida Gran Canaria, Glorieta do Pavo Real, avenida Linares Rivas, Cantón Grande, avenida da Mariña, rúa Rego de Auga e rúa Real. Os traballos poderán ser suspendidos de maneira intermitente pola Policía Local en situacións de densidade de tráfico de vehículos ou de peóns na zona de actuación.

Urbanización do Polígono de Náutica

Do 26 de novembro ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 18.00 horas, realizaranse traballos na rede de saneamento no tramo do Paseo Marítimo á altura de San Roque de Fóra, sentido Estadio de Riazor. Ocuparase o carril dereito do referido tramo e eliminarase o xiro á esquerda cara á rúa Almirante Eulate (peche de mediana). Mantense exclusivamente o sentido da circulación de vehículos desde a rúa Almirante Eulate cara ao Paseo Marítimo. O tránsito peonil desviarase cara á beirarrúa próxima e o acceso aos garaxes dos números 46 e 50 do Paseo de Rolda realizarase desde o Paseo Marítimo.

Substitución de tubaxe de saneamento

Do 26 de novembro ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 18.00 horas, producirase o corte do acceso desde o Paseo Marítimo cara a rúa Julio Portela Ceballos, manténdose o sentido de baixada. A alternativa será polas rúas Ánimas e Maestranza.

Canalización de pluviais

Do 26 de novembro ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 19.00 horas, producirase o corte total da rúa Ribadavia, manténdose o acceso aos garaxes.

Acometida na rede de sumidoiros

Do 26 ao 30 de novembro, en horario de 09.00 a 18.30 horas, ocuparase a beiravía e o carril dereito, sentido saída da cidade, da avenida da Mariña, á altura do número 29.

Substitución de vidro

O 26 de novembro, en horario de 11.00 a 15.00 horas, ocuparase o carril dereito, sentido Hospital Abente y Lago, do Paseo da Dársena, dándose tráfico alternativo con sinalistas.

A %d blogueros les gusta esto: