Trafico 27th noviembre 2018

AVISO CORTES DE TRÁFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Zanxa para a canalización de pluviais

Entre as 09.00 e as 19.00 horas do día 28 terá lugar, á altura do número 25 de Palavea, o último corte parcial de tráfico dun carril –deixando outro para a circulación, dando tráfico alternativo con sinalista– ligado as actuacións de canalización de pluviais.

Renovación alumeado de Matogrande

Entre o día 28 e o 30 de novembro, en horario laboral de 06.00 a 19.00 horas, en Enrique Mariñas con Sebastián Martínez Risco terá lugar, con motivo das obras de renovación do alumeado de Matogrande a ocupación da zona de estacionamento así como o estreitamento do carril de circulación, deixando en todo momento paso para o tránsito de peóns e vehículos. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Obras de execución do carril bici Palloza-Matogrande

Entre o día 28 de novembro e o 5 de decembro, en horario laboral de 09.30 a 19.30 horas terá lugar na avenida de Pérez Ardá, en dirección saída, a ocupación do carril esquerdo, deixando libre o dereito.

Fresado e reposición de asfaltado

Entre o día 28 de novembro e o 1 de decembro terá lugar, en horario nocturno (de 22.30 a 07.00) a ocupación dun carril nas Xubias de Arriba, na zona do hospital de Oza, dándose tráfico alternativo con semáforos. Fóra do horario nocturno liberarase a calzada nas dúas direccións.

A %d blogueros les gusta esto: