Trafico 30th noviembre 2018

AVISO CORTES DE TRÁFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Descarga de material

Do 28 de novembro ao 13 de decembro, en horario de 10.00 a 17.00 horas, produciranse ocupacións puntuais de calzada no cruzamento das rúas Juan Flórez e Maestro Clavé. As ocupacións, para a descarga de materiais, serán dous veces ao día, duns 30 minutos de duración.

Sinalización horizontal

O 30 de novembro e o 1 de decembro, en horario de 09.30 a 19.00 horas, ocuparase parte da calzada da avenida Salvador de Madariaga, quedando sempre un carril de circulación para o tráfico de vehículos.

Reparación da rede de ventilación

O 1 de decembro, en horario de 07.00 a 13.00 horas, ocuparase un carril de circulación no tramo da Rolda de Outeiro entre as rúas Mosteiro de Bergondo e Toxos Outos, deixando outro libre no mesmo sentido.

Mantemento de mediana axardinada

O 2 de decembro, en horario de 00.00 a 06.30 horas, ocuparase o carril interior, en ambos os sentidos, do tramo da avenida de Arteixo entre a rúa Cesuras e o Pazo da Ópera e do tramo da avenida Fisterra entre as rúas Newton e Mosteiro de Caaveiro.

Execución de carril-bici

Do 3 ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 19.00 horas, ocuparase parcialmente a beirarrúa da avenida Primo de Rivera e desprazarase 50 metros a parada de bus da Praza da Palloza.

Traballos na fibra óptica

Do 3 ao 4 de decembro, en horario de 23.00 a 07.00 horas, ocuparase a beirarrúa e estreitarase o carril de circulación das seguintes vías: rúa Merced, 4 e 92, avenida de Monelos, 147, rúa Javier López López, 19 (en horario de 02.00 a 04.00 horas o desvío de vehículos realizarase pola avenida Casanova de Eirís e rúa Bergondo).

Substitución da tubaxe de saneamento

Do 3 ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 18.00 horas, producirase o corte da rúa Historiador Vedía desde a rúa Cidade de Lugo até o final -tramo sen saída-. Permitirase a entrada e saída a garaxes.

Pavimentación

Do 10 ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 18.30 horas, producirase o corte total do tráfico rodado no tramo da rúa Florida entre a praza de María Pita e a praza do Humor, manténdose o tránsito peonil. Así mesmo, cortarase o acceso ao garaxe sito no número 8.

A %d blogueros les gusta esto: