Trafico 4th diciembre 2018

AVISO CORTES DE TRAFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Traballos de mantemento nos túneles de María Pita, Parrote e Mariña

A noite do 4 a 5 de decembro, en horario de 23.30 a 02.00 horas, pecharanse os túneles de María Pita, Parrote e Mariña para realizar labores de mantemento. Non afectará ao acceso do aparcadoiro de María Pita dende As Atochas. Informarase do corte a través dos paneis informativos e haberá apoio policial.

Execución carril bici metropolitano

O 5 de decembro, en horario de 9.30 a 14.00 horas, cortarase o carril dereito, no sentido saída, da avenida Primo de Rivera.

Concentración e marcha

O 15 de decembro, en horario de 12.30 a 14.00 horas, a marcha terá o seguinte percorrido: Obelisco, Cantón Pequeno, rúa Sánchez Bregua e praza de Ourense.

A %d blogueros les gusta esto: