Trafico 5th diciembre 2018

AVISO CORTES DE TRÁFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Traballos de reparación de arqueta no Cantón Pequeno, 6, 9 e 18

Os días 10 e 11 será preciso o corte dun carril, en horario de 08.00 a 18.00 horas, para a repación dunha arqueta.

Actuación no regulador de tráfico na avenida Pérez Ardá

O día 10 procederase ao cambio de ubicación de semáforos na avenida Pérez Ardá coa glorieta de Monelos. Entre as 09.30 e as 13.30 será preciso o corte parcial dun carril, manténdose en todo momento outro para o paso dos vehículos.

Limpeza de medianas en varias rúas da cidade

Os día 10, de 00.00 a 06.30 horas, procederase á limpeza das medianas nas rúas Primo de Rivera, Linares Rivas, Ramón y Cajal, nas que se ocupará o carril interior pero se deixará libres os xiros á esquerda, e avenida da Pasaxe-Mirador dos Castros.

A %d blogueros les gusta esto: