Trafico 12/11/2018

AVISO CORTES DE TRÁFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Asfaltado de vía

Do 12 ao 14 de decembro, en horario de 09.30 a 14.30 horas, producirase o corte da ramal de acceso dende a avenida San Cristóbal á avenida Alfonso Molina, sentido saída. Permitirase o acceso aos garaxes.

Mantemento de mediana axardinada

O 13 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas, ocuparanse os carrís dereitos, en ambos os sentidos, do tramo da avenida Primo de Rivera á altura do viaduto.

Desmontaxe de cabinas

Retiraranse as cabinas e repoñerase o pavimento, polo que se producirá a ocupación de beirarrúas e o corte parcial de tráfico nas seguintes vías:

Do 13 ao 14 de decembro, en horario de 08.00 a 20.00 horas:

  • –  Paseo de Rolda, 33-47 e 51
  • –  Manuel Murguía, 4

    Do 14 ao 17 de decembro, en horario de 08.00 a 20.00 horas:

  • –  Galileo Galilei, 4
  • –  Juan Flórez, 62
  • –  Linares Rivas, 18-21

    Manifestación

    O 15 de decembro, en horario de 19.00 a 21.00 horas, discorrerá unha manifestación polas seguintes vías: Obelisco, Cantón Grande, Santa Catalina, Mantelería, San Andrés, praza Pontevedra, Modesta Goicouría e Coiraza do Orzán.

A %d blogueros les gusta esto: