Trafico 12/18/2018

AVISO CORTES DE TRAFICO

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Traballos en arqueta

Do 18 ao 20 de decembro, en horario de 23.30 a 01.00 horas, estreitarase a calzada da avenida Monelos, á altura do número 229. A empresa dará tráfico alternativo con sinalistas e tomara as medias de seguridade necesarias para a realización dos traballos.

Mantemento de áreas peonís

Do 18 ao 21 de decembro, en horario de 10.00 a 19.30 horas, ocuparase parte da calzada no Lugar do Curro, Palavea, para realizar a canalización eléctrica. Poderán producirse cortes totais puntuais para levar a cabo labores de carga e descarga de materiais.

Apertura de cata

Do 19 ao 21 de decembro, en horario de 09.30 a 18.00 horas, producirase o corte total do tramo do Camiño de Eirís de Abaixo entre o colexio de Eirís e o Ofimático. A alternativa de saída será a glorieta da avenida Monelos e a rúa Camilo José Cela. En todo momento manterase o tránsito peonil.

Reparación da rede de sumidoiros

Do 26 de decembro até o 1 de xaneiro, en horario continuo de 09.00 a 09.00 horas, ocuparase a beirarrúa, a zona de estacionamento e estreitarase a calzada da rúa Washington, á altura do número 34. O tráfico de vehículos desviarase pola zona de estacionamento do outro sentido e a Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Reparación da rede de sumidoiros

Do 2 até o 7 de xaneiro, en horario continuo de 09.00 a 09.00 horas, ocuparase a beirarrúa, a zona de estacionamento e estreitarase a calzada da rúa San Rosendo. O tráfico de vehículos desviarase pola zona de estacionamento do outro sentido e a Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

A %d blogueros les gusta esto: