Trafico 02/04/2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: Adelaida Muro, Linares Rivas, Plaza de Orense, Los Rosales, Monte Alto…

by Victor Lamela

​A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Acometida de gas

Do 5 ao 8 de febreiro, en horario de 08.00 a 19.00 horas, ocuparase un metro da calzada á altura do número 66 da rúa Adelaida Muro, deixando en todo momento paso para peóns e vehículos coa colocación dun ferro e a ocupación de dúas prazas de estacionamento do lado contrario aos traballos. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Mantemento de mediana axardinada

O 5 de febreiro, durante os tramos horarios de 10.00-10.30 e de 12.00-12.30 horas, ocuparase o carril esquerdo, ao carón da mediana, do tramo da avenida Linares Rivas á altura da praza de Ourense, dirección saída.

Fresado e pavimentación

Do 6 ao 8 de febreiro, en horario de 08.30 a 18.30 horas, producirase o corte total da Travesía dos Rosais pero manterase a circulación na rotonda. De 13.30 a 14.30 abrirase ao tráfico pola saída escolar.

Acometida na rede de sumidoiros

Do 6 ao 13 de febreiro, en horario de 08.30 a 19.00 horas, ocuparase parcialmente a calzada á altura do número 31 da rúa Monte Alto, manténdose un carril de paso. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

A %d blogueros les gusta esto: