Trafico 02/12/2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: Cantón Grande, Linares Rivas, Alfonso Molina, Primo de Rivera…

by Victor Lamela

Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Fresado e pavimentación

A noite do 12 a 13 de febreiro, en horario de 20.00 a 06.30 horas, estreitarase o carril de circulación dereito do Cantón Grande e Linares Rivas, dirección saída da cidade. O tramo á altura da praza de Ourense, a partir das 21.00 horas.

Reparación de rexistro telefónico

Na noite do 12 ao 13 de febreiro, en horario do 22.30 a 01.00 horas, ocuparase a calzada no cruzamento da avenida Alfonso Molina coa rúa José Cornide, deixando en todo momento paso para o tránsito de peóns e vehículos

Pintado de carril bici

O 14 de febreiro, en horario de 09.30 a 19.00 horas, eliminarase un carril de circulación da avenida Primo de Rivera e eliminarase a zona de aparcadoiro á altura da praza da Fábrica de Tabacos. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

A %d blogueros les gusta esto: