Deportes 28th febrero 2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: La Grela, Ramón y Cajal, Cardenal Cisneros, Av de Monelos, Ronda de Nelle, Paseo de Ronda, Avenida de Finisterre…

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña, na súa labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, vén de convocar as súas bolsas deportivas para o ano 2019, destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A área de Deportes da Deputación publica no BOP de hoxe as bases desta convocatoria, que destinará este ano un total de 157.500 euros para apoiar aos  deportistas coruñeses/as con 45 bolsas dotadas con 3.500 euros cada unha.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que “ademáis de premiar a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar con eles para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso a unha preparación integral axeitada e competir ao máis alto nivel”.

“As becas de deporte da Deputación pretenden ser un estímulo e unha axuda para que estes mozos e mozas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés”, apuntou o presidente da institución provincial, que destacou o incremento, tanto no número coma na cuantía das bolsas, que levou a cabo este Goberno provincial.

 

A Deputación duplicou o importe das becas neste mandato

O importe destinado a becas para deportistas duplicouse co actual goberno, pasando das 30 bolsas de 2.5000 euros existentes en 2015 ás 45 bolsas de 3.500 euros convocadas este ano. Ademais, ampliouse o rango de idades, permitindo que os deportistas de entre 24 e 30 anos poidan participar na convocatoria.

Os/as solicitantes deberán practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas  olímpicas. Ademais, os/as candidatos/as terán que acreditar o seu historial deportivo durante o ano 2018, no que constarán as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais e internacionais e o proxecto deportivo da tempada actual.

As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade dos/as solicitantes: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos, 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos e 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos.

A presentación de solicitudes deberá formalizarse ata o 29 de marzo de forma telemática a través da plataforma Subtel da Deputación.

A %d blogueros les gusta esto: