Trafico 27th febrero 2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: La Grela, Ramón y Cajal, Cardenal Cisneros, Av de Monelos, Ronda de Nelle, Paseo de Ronda, Avenida de Finisterre…

by Victor Lamela

​A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo da seguinte actuación:

Canalización eléctrica

Do 26 ao 28 de febreiro, en horario de 08.30 a 18.30 horas, producirase o corte do cruzamento das rúas Edison e Pasteur. Executarase en dúas fases, mantendo sempre un carril aberto ao tráfico.

Pavimentación

Do 26 de febreiro ao 3 de marzo, en horario de 08.30 a 19.30 horas, ocuparase un carril de circulación da rúa Ramón y Cajal, á altura do número 49.

Ampliación e mellora de parada do bus

Do 26 de febreiro ao 8 de marzo, en horario de 08.30 a 19.30 horas, ocuparase un carril de circulación no tramo da rolda de Nelle entre as rúas Cardenal Cisneros e Nosa Señora de Fátima.

Canalización do alumado público

Do 26 de febreiro até o 1 de marzo, en horario de 09.15 a 13.30 e de 14.30 a 19.00 horas, producirase o corte dun carril da rúa José María Hernansáez, á altura do número 14. Regularase o tráfico con sinalistas.

Reparación de canalización eléctrica

Do 26 de febreiro ao 1 de marzo, en horario de 23.00 a 07.00 horas, ocuparanse os carrís interiores da avenida Alfonso Molina e da rúa José Cornide. Desmontarase un módulo de mediana e colocarase `new jersey ́ de plástico.

Traballos en arqueta

Do 27 ao 28 de febreiro, en horario de 23.30 a 01.00 horas, estreitarase a calzada á altura do número 299 da avenida de Monelos, dándose tráfico alternativo con sinalistas. A empresa tomará as medidas de seguridade necesarias para a realización dos traballos.

Corte de espirais magnéticas

O 28 de febreiro, en horario de 15.30 a 18.30 horas, producirase un corte que afectará á altura do número 29-30 da avenida Primo de Rivera. A empresa dispoñerá de sinalistas para facilitar o paso de peóns e para o tránsito de vehículos.

Corte de espirais magnéticas

O 1 de marzo, en horario de 09.30 a 11.30 horas, o corte afectará á altura do número 11 da avenida Primo de Rivera. A empresa dispoñerá de sinalistas para facilitar o paso de peóns e para o tránsito de vehículos.

Traslado de semáforo

O 28 de febreiro, en horario de 09.30 a 13.00 horas, producirase o apagado dos semáforos do cruzamento da avenida Fisterra coa rúa San Sebastián. A empresa dispoñerá de sinalistas para o tránsito de vehículos.

Limpeza de mediana

A noite do 3 ao 4 de marzo, en horario de 00.00 a 06.30 horas, ocuparanse os carrís interiores da avenida Pérez Ardá, rolda de Nelle e paseo de Rolda.

Ampliación e mellora de parada do bus

Do 11 ao 15 de marzo, en horario de 08.30 a 19.30 horas, ocuparase un carril de circulación, deixando sempre un carril libre, no tramo da rúa Ramón y Cajal entre a parada de taxis e a rúa Alcalde Marchesi.

A %d blogueros les gusta esto: