Trafico 02/02/2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: Plaza de Portugal, Sinforiano López, Gutiérrez Mellado, Túnel de los Castros…

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Canalización do alumeado público na praza de Portugal

Ata o día 6 de febreiro, en horario de 09.30 a 18.30 horas, reduciranse os carrís de circulación a un para cada sentido da circulación. A partir das 18.30 horas, aumentaranse a dous carrís para cada un.

Canalización de saneamento en Sinforiano López

Entre o día 4 e o 8, en horario de 08.30 a 18.30 horas, producirase o corte parcial da rúa. Suprimirase o estacionamento para manter un carril de paso.

Pintado de vía en Gutiérrez Mellado

O día 4, en horario de 16.00 a 18.00 horas, realizarase o corte total na rúa. Permitirase o acceso aos garaxes.

Traballos de limpeza no túnel dos Castros

As noites do 4 e do 5, en horario de 00.00 a 06.30 horas, levaranse a cabo traballos de limpeza no túnel. Na primeira noite cortarase o carril de saída da cidade e na segunda, o de entrada.

A %d blogueros les gusta esto: