Trafico 02/07/2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: Plaza de Vigo, Plaza de Lugo, Plaza de Orense…

by Victor Lamela

Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Pavimentación

O 8 de febreiro, en horario de 09.00 a 18.00 horas, producirase o corte parcial da rúa Alfonso Rodríguez Castelao á altura do paso peonil. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Manifestación

O 8 de marzo, ás 12.00 horas, a manifestación partirá da praza de Vigo e percorrerá as seguintes rúas: Federico Tapia, Rosalía de Castro, Betanzos, praza de Lugo e Picavia. Finalizará cunha concentración na praza de Ourense.

Remodelación de cruzamento

Do 12 de febreiro até o 12 de marzo, en horario de 09.30 a 18.00 horas, manteranse dous carrís de circulación no cruzamento da rúa Marola coa rolda de Monte Alto. Haberá carteis informativos nas rúas Suevia e Pérez Quevedo. A alternativa será polas seguintes vías: Ramón Villamil, Vía Ártabra e Suevia. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación e informarase aos garaxes dos cortes puntuais.

A %d blogueros les gusta esto: