Trafico 10th enero 2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: Primo de Rivera, Manuel Murguia, Paseo de Ronda, Camiño de Visma…

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Traballos no carril bici en Primo de Rivera, 23

Entre os días 14 e 16, en horario de 09.30 a 13.30 e de 14.30 a 18.00 horas, procederase ao corte do carril dereito, sentido entrada da cidade.

Mellora da eficiencia do alumeado público en Manuel Murguía e Paseo de Ronda

O día 15, entre as 09.30 e as 17.30 horas, ocuparase o carril dereito en Manuel Murguía (primeiro no sentido Paseo Marítimo e despois no sentido V-14) e no Paseo de Ronda, na zona escolar.

Talla de árbores no Camiño de Visma

Entre os días 15 e 18, en horario de 08.30 a 18.30 horas, cortarase a rúa do Camiño de Visma A Gramela para a talla de eucaliptos con risco de caída. O acceso para as vivendas afectadas, que serán informadas, será dende o Centro Ágora.

A %d blogueros les gusta esto: