Trafico 01/31/2019

AVISO CORTES DE TRAFICO: Ramón y Cajal, Avenida de Oza…

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Poda de árbores en Ramón y Cajal

Do 4 ao 6 de febreiro, en horario de 09.30 a 13.00 horas, ocuparase o carril esquerdo, entre a avenida do Exército e avenida de Oza, no sentido da Casa do Mar.

Traballos no carril bici en avenida de Oza

O día 4, en horario de 08.00 a 19.00 horas, procederase á ocupación da zona de estacionamento e ao estreitamento do carril de circulación, á altura do número 290 en adiante, deixando en todo momento paso para o tránsito peonil e de vehículos.

A %d blogueros les gusta esto: