Trafico 12/19/2018

AVISO CORTES DE TRÁFICO (San Andres, Juana de Vega, Sanchez Bregua…)

by Victor Lamela

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Tendido de fibra óptica

Os días 20 e 21 de decembro, en horario nocturno de 04.00 a 07.00 horas, será necesaria a ocupación de beirarrúa e estreitamento da calzada –deixando en todo momento paso para o tránsito peonil e de vehículos– nas seguintes localizacións: San Andrés, 161; Juana de Vega, 8; Praza de Mina e Sánchez Bregua, 2.

Substitución de tapas de saneamento

O día 20 de decembro, en horario laboral de 09.00 a 13.00 horas, ocuparase parcialmente un carril na avenida de San Cristóbal, no acceso á avenida Pablo Picasso, deixando paso en todo momento para o tráfico de vehículos.

Tamén mañá, 20 de decembro, en horario laboral de 09.15 a 13.00 horas, na rúa Alcalde Marchesi cortarase un carril desde a rúa Posse cara a Ramón y Cajal. A alternativa será a rúa Ponte ou o cambio de sentido cara a rúa Posse.

 

Traballos en fachada (rúa Compostela, 1)

O venres 21 de decembro, en horario laboral de 08.00 a 11.00 horas, ocuparase a zona de estacionamento e estreitarase a calzada deixando en todo momento dous carrís de paso para vehículos. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Mantemento de mediadas axardinadas (Ronda de Outeiro)

O 24 de decembro, en horario nocturno de 00.00 a 06.30 horas, realizaranse traballos de limpeza viaria na mediana da vía –en ambos sentidos–, efectuando corte do carril interior e respectando, polo tanto, os xiros á esquerda en ambos sentidos. Os traballos levaranse a cabo en tres treitos diferenciados. Nos dous primeiros –a avenida Fisterra até a avenida de Arteixo, e a zona da estación– as actuacións terán lugar entre as 00.00 e as 04.00 horas, mentres que no terceiro treito –de Alcalde Pérez Ardá até a avenida de Oza– serán de 04.00 a 06.30 horas.

A %d blogueros les gusta esto: