Trafico 12/13/2018

AVISO CORTES DE TRÁFICO: Zonas axardinadas, manifestación Alcoa

by Victor Lamela

​​A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Acometida de rego en zonas axardinadas e canalización de tubaxe (Glorieta surfistas)

Até o 28 de de decembro, en horario continuo de 08.00 a 16.00 horas, ocuparase unha praza de estacionamento na rúa Curros Enríquez e interior da glorieta. Puntualmente, e cunha duración de 10 minutos, poderán ocupar o carril interior da glorieta para a descarga de materiais. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Mantemento mediada axardinada (Avenida Pérez Ardá-Ronda de Nelle-Paseo de Ronda)

O luns 17 de decembro, en horario nocturno de 00.00 a 06.30 horas, ocuparase un carril de circulación, manténdose en todo momento o paso para o tránsito de vehículos e xiros á esquerda. Avenida Pérez Ardá, entre Ramón y Cajal e Rolda de Outeiro; Rolda de Nelle entre Fernando Rey e Alcalde Soto González; e Paseo de Ronda entre Rolda de Nelle e Fernando Macías.

*** Manifestación Alcoa

Mañá, a partires das 15.30 horas, producirase unha manifestación en contra do peche da fábrica de Alcoa. As e os participantes partirán do edificio dos Sindicatos, á altura do km 2 da avenida Alfonso Molina, e percorrerán esta vía, en dirección saída, cara á Ponte da Pasaxe. Desde alí, na rotonda de acceso, darán á volta para regresar, de novo, por Alfonso Molina até o acceso á estrada de Pocomaco. Desde esta vía accederán á avenida da Universidade até o edificio Sindicatos, punto no que se dará por finalizada a protesta.

Establecerase un dispositivo especial de tráfico para xestionar a circulación. Os servizos municipais recomendan empregar como vía de entrada e saída da cidade a Terceira Rolda / Rolda do Real Club Deportivo da Coruña

A %d blogueros les gusta esto: