coruna 06/04/2020

Benestar Social resolve preto de 400 demandas de emerxencia social durante a primeira quincena do estado de alarma

by Victor Lamela

Os Equipos de Atención Social (EAS) da Concellería de Benestar Social continúan atendendo estes días a cidadanía de forma telefónica. O servizo resolveu, a través do 010, un total de 400 solicitudes de emerxencia social desde que se decretou o estado de alarma e realizou 2.400 atencións entre os puntos en que están operativos: San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña. As máis de 400 demandas que recibiron foron por parte de novas persoas usuarias e tamén de habituais que empregaron esta canle para contactaren co persoal. Canto ás axudas de emerxencia, no proceso de tramitación contaron coas áreas de Intervención Municipal e Facenda, co fin de lles axilizar a xestión.

Por outra banda, as e os coruñeses beneficiarios das axudas para alimentos por un prazo de dous meses, terán unha prórroga dun mes máis. Neste aspecto, a concellería contactou con VEGALSA para establecer un protocolo, de xeito que a veciñanza poida mercar a comida cos vales municipais para unha persoa non titular.

Ademais, o concello concedeu 174 novas axudas económicas subvencionadas pola concellería e derivadas a entidades sociais coas que ten convenios asinados.

A %d blogueros les gusta esto: