Deportes 10/22/2019

Bronce para Galicia no Trofeo Princesa de Asturias

by Victor Lamela

Terceiro posto para a selección galega de kárate no prestixioso Trofeo Princesa de Asturias, celebrado o 19 de outubro de 2019 en Oviedo e que contou coa participación das seleccións de Galicia, Asturias, Valencia, Cataluña, Castela-León e Madrid. O equipo masculino integrado por Xavier Santos Veiga (San Francisco Teo), Iván Vázquez Rivas (ESK
Narón), Joel Santiago Otero (ESK Narón), Bruno Vázquez González (Renbukan Ferrol) e Alejandro Felpeto Gesto (Karate-do Carballo), asinou una notable actuación na cidade ovetense, clasificándose na ronda previa como segunda mellor selección do seu grupo. En semifinais a selección catalana freou o avance dos galegos, finalizando no terceiro lugar da
clasificación final.
Pola súa parte, o equipo feminino integrado por Elvira Vila Añón (Karate Carballo) e Sara Vázquez Rumbo (ESK Narón), no logrou clasificarse para a loita polas medallas, tras perder ante as seleccións de Asturias e Madrid. Ruth Lorenzo Couso (San Francisco Teo) viaxou coa expedición aínda que finalmente non puido competir debido a unhas molestias
no seu nocello dereito.

A %d blogueros les gusta esto: