Deportes 01/14/2019

CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR E DE PARA-KARATE 2019 Resultados da Selección Galega

by Victor Lamela

A Selección Galega de Karate participante no Campionato de España Sénior e de Para-Karate, celebrado na localidade madrileña de Leganés o 12 e 13 de xaneiro de 2019, obtivo os seguintes resultados:

  •   Kumite Feminino -55 kg.: PRATA para Ruth Lorenzo Couso do Club San Francisco Teo (Teo)
  •   Kata por Equipos Feminino: BRONCE para o equipo integrado por Carla Rodríguez Fernández do Akai-Ryu (Negreira), Carla Fernández Lombardía do Club Shihan (Lugo) e Ariadna Rocha López do Bunkai (Ferrol)
  •   Kumite Feminino +68 kg.: QUINTO lugar para Ariadna Rocha López do Bunkai Sport (Ferrol)
  •   Kata Deficiencia Visual Feminino: OURO para Cristy Shedimar Tojo Velasco do Club Ávalon Kai (Santiago de Compostela)
  •   Kata Discapacidade Física Masculino: BRONCE para Marcos Movilla Martínez do Karate Club Maceda (Ourense)
A %d blogueros les gusta esto: