Home » coruna » Recent Articles:

O BNG traslada ao próximo Pleno unha iniciativa na que se interesa polo deterioro do edificio da Escola Municipal de Música

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en O BNG traslada ao próximo Pleno unha iniciativa na que se interesa polo deterioro do edificio da Escola Municipal de Música

O BNG vén de presentar unha iniciativa na que se interesa polo deterioro do edificio da Escola Municipal de Música, xa que logo, nos últimos días se ten constatado a aparición de pingueiras nos andares interiores da instalación.

Deste xeito, e a través das denuncias formuladas por persoas usuarias da escola municipal, que achegaron á formación nacionalista fotos do interior do edificio, e onde se pode observar este deterioro provocado polas chuvias dos últimos días, o Grupo Municipal do Bloque xa avanza que solicitará a inclusión de investimentos nos orzamentos municipais de 2019 para a reforma e modernización das instalacións, que de non se incluíren, serán propostas en forma de emendas ao proxecto. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O alcalde comprométese a “ser a voz das e dos traballadores coruñeses de Alcoa” na reunión que mañá manterá coas ministras de Industria e Transición Ecolóxica para definir unha postura común para frear o peche

noviembre 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde comprométese a “ser a voz das e dos traballadores coruñeses de Alcoa” na reunión que mañá manterá coas ministras de Industria e Transición Ecolóxica para definir unha postura común para frear o peche

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acudirá mañá a Madrid, a unha reunión no Ministerio de Industria para tratar de acadar unha solución favorable para os e as traballadoras das fábricas de Alcoa na Coruña e en Avilés afectadas por un ERE de extinción. Alí, e segundo explicou aos medios antes dunha reunión en María Pita co comité de empresa da factoría, a súa intención “é a de ser a voz das e dos traballadores da planta coruñesa”. O rexedor –que dende que se coñeceu a intención da multinacional de pechar a fábrica da Coruña demanda a creación dunha fronte común entre administracións e formacións políticas para loitar contra o peche– reunirase, ademais de coas ministras de Industria, Reyes Maroto, e de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, co presidente e o conselleiro de Economía da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde, o presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, e a rexedora de Avilés, María Virtudes Monteserín.

“O obxectivo da xuntanza deste mércores é a de falar cos representantes do comité, xa que tratarei de trasladar todas as súas demandas”, dixo Ferreiro, que evidenciou a necesidade de que mañá “se defina unha postura común de actuación”. “É preciso que isto se visualice mañá e que, a pesar das diferenzas de cores políticas e de administracións, non haxa voces discordantes, xa que unanimidade nos dá maior lexitimidade”, apuntou.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Coruña participa no Congreso nunha nova xuntanza da Rede de Cidades Refuxio, de cara a analizar a situación de acollida e os recursos postos en marcha polos concellos nos últimos meses

noviembre 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Coruña participa no Congreso nunha nova xuntanza da Rede de Cidades Refuxio, de cara a analizar a situación de acollida e os recursos postos en marcha polos concellos nos últimos meses

​​O Congreso dos Deputados acollerá un novo encontro da Rede de Cidades Refuxio, da que forma parte A Coruña xunto aos municipios de Barcelona, Cádiz, Girona, Granada, Madrid, Palma de Mallorca, San Sebastián, Sant Boi de Llobregat, Terrassa, Valladolid, Valencia, e Zaragoza. O obxectivo do encontro, no que participará a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, será o de poñer en común e analizar a situación de acollida en cada unha das cidades da rede, especialmente en relación ao impacto que tivo a chegada de persoas migrantes e solicitantes de protección internacional nos últimos meses. Tal e como avanza Fraga, a reunión tamén permitirá compartir información sobre as “experiencias de éxito” e os recursos postos en marcha en cada cidade coa finalidade de garantir unha acollida digna. “Aínda que os concellos temos competencias limitadas neste eido e o Estado non achegue as ferramentas e orzamentos que precisamos, estamos a traballar intensamente, desde a proximidade, a fin de ofrecer unha solución para todas aquelas persoas que se ven obrigadas a deixar atrás o seu fogar”, sinala a edil.

Neste sentido, apunta que a Rede “esixirá” ao goberno do Estado a recuperación dos Fondos de Acollida e Integración, “un compromiso anunciado pola Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social e que o anterior executivo do PP eliminou no 2012”. “Eses fondos, dotados con 67 millóns, permitían financiar as actuacións das comunidades autónomas no fomento de políticas en materia de acollida. A súa recuperación suporía a posta en marcha de políticas especificas de emprego, vivenda, servizos sociais, saúde ou educación para o colectivo”, expón Fraga. A concelleira e representantes doutros municipios da rede manterán esta tarde, precisamente, unha xuntanza coa Secretaría de Estado de Migracións e a Subdirección de Inmigración de cara a obter un compromiso por parte do executivo central para a restauración dos Fondos de Acollida a municipios para 2019.

Ao longo desta mañá, a responsable municipal de Igualdade participou tamén nun encontro denominado ​La Otra Jerusalén, Responsabilidades de las Autoridades locales ante el cumplimiento del Derecho Internacional y los Derechos Humanos,​ e que se está a desenvolver no marco da celebración do encontro Ciudades de Paz​, ​II Foro Mundial sobre las violencias urbanas y educación para la convivencia y la paz​ que impulsa o Concello de Madrid.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello aborda a ampliación da beirarrúa en Manuel Murguía para mellorar a accesibilidade e a seguridade na contorna do estadio

noviembre 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello aborda a ampliación da beirarrúa en Manuel Murguía para mellorar a accesibilidade e a seguridade na contorna do estadio

​​A rúa Manuel Murguía contará con beirarrúas adaptadas á normativa de accesibilidade unha vez se complete a reforma que xa se iniciou na marxe do estadio municipal de Riazor. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, explicou esta mañá que a actuación, “que é evidente que era necesaria”, responde a unha mellora da accesibilidade e da seguridade. “Esta beirarrúa non chega ao metro de ancho, o que provoca situacións de perigosidade e non permite un acceso universal. Agora teremos unha beirarrúa que terá 2,15 metros no seu punto máis ancho e que cumprirá coa normativa e cos criterios de accesibilidade e de seguridade”, explicou o edil.

A actuación –que ten un orzamento de 48.396 euros e que está previsto que estea rematada para a disputa do trofeo Teresa Herrera, o día 14 de novembro– está xa en execución para aproveitar a zona de obras da cuberta de Riazor e reducir así as posibles afeccións. Durante a mesma, realízanse tamén outras melloras precisas na zona como son a introdución de novas canalizacións da rede municipal, modificacións na recollida de pluviais para os novos sumidoiros que implica a obra ou a intervención no paso peonil fronte a esquina de Maratón do estadio. Este cruce terá novas losetas podotáctiles, para cumprir tamén a normativa de accesibilidade, e, xunto a el, crearanse catro prazas de aparcamento de mobilidade reducida.

Como indicou o responsable municipal, esta actuación supón a perda de 25 prazas de aparcamento na beirarrúa oposta que se compensarán coa urbanización do polígono de Náutica, no que se crean 115 novas. Varela avanzou que, ademais das 20 que xa se habilitaron na rúa Marcela e Elisa, haberá 59 máis no tramo que continúa o Paseo de Ronda cara ao Paseo Marítimo, así como outras 36 no interior do polígono. “Con esta previsión suplimos con creces as prazas que se perden en Manuel Murguía, en aras a cumprir coa normativa, avanzar na accesibilidade e dar resposta a unha petición tanto da veciñanza como do club Deportivo”, apuntou. A execución do Paseo de Ronda está xa “moi avanzado” polo que a previsión é que o seu tramo ata Almirante Cadarso, na que se reordenan as prazas existentes, estea listo a finais do mes de novembro. “Así, chegaríamos ao final das obras no estadio con prazas dispoñibles en Paso de Ronda para compensar a mellora das condicións en Manuel Murguía”, evidenciou.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O alcalde insta ao presidente da Xunta, tras os acordos acadados entre Concello e ADIF, a que o goberno autonómico “amose compromisos firmes co proxecto da Intermodal da Coruña”

noviembre 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde insta ao presidente da Xunta, tras os acordos acadados entre Concello e ADIF, a que o goberno autonómico “amose compromisos firmes co proxecto da Intermodal da Coruña”

O alcalde, Xulio Ferreiro, manifestou a necesidade de que a Xunta de Galicia amose compromisos firmes e concretos co proxecto da Intermodal. Así se expresou logo de que no día de onte tanto Concello como ADIF (o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) acordasen ter listos contra principios de ano os proxectos tanto da execución da rehabilitación da estación de ferrocarril como os relativos aos accesos. “Aínda que o entendemento entre goberno local e estatal sobre este tema é unha boa noticia, o que queriamos onte era precisar prazos e accións por parte de cada unha das administracións implicadas e non puido ser. Lamento dicilo, pero onte en Madrid non lle vin á Xunta de Galicia moito interese por tirar do carro da Intermodal”, comentou Ferreiro. “A realidade é que, durante a reunión, a delegación autonómica non quixo falar de aportacións nin dar prazos para a execución do novo proxecto que lles corresponde para a estación de autobuses”, dixo, á vez que manifestou a súa intención de abordar esta cuestión persoalmente co propio presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, unha vez o executivo autonómico poña data á reunión solicitada hai varias semanas polo concello coruñés.

En declaracións aos medios, o primeiro edil evidenciou que a Xunta de Galicia deixou este luns sen responder distintas preguntas sobre o traballo que debe desenvolver para sacar adiante unha infraestrutura clave para a cidade e a área metropolitana. “Durante a reunión preguntei se o novo proxecto da estación de autobuses se ía sacar con cargo á partida orzamentaria deste ano e non obtiven resposta, aínda que a realidade parece ser que se sacará coa do ano que vén”, observou Ferreiro. “Cómpre indicar que, non obstante, foi a primeira vez que se nos deu información de por que a Xunta non ten xa licitado o novo proxecto, e a explicación que se nos ofreceu non coincide coa escoitada nas últimas semanas. Se ben sempre se manifestou que non se fixera porque estaban a ‘esperar’ polo Concello, onte se nos dixo que o problema radicaba na rescisión do anterior contrato que tivo que afrontar a Xunta, un proceso que segundo recoñeceron lles resultou moi complicado debido a que a adxudicataria se atopaba en concurso de acredores”, fixo notar.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894