Home » coruna » Recent Articles:

A Deputación apoia con 550.000 euros a 163 entidades deportivas da provincia para realizar actividades e mellorar as súas infraestruturas

noviembre 6, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación apoia con 550.000 euros a 163 entidades deportivas da provincia para realizar actividades e mellorar as súas infraestruturas

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das subvencións a entidades deportivas da provincia para a realización de actividades e mellora das súas infraestruturas e equipamento deportivo.

En total, 163 entidades sen ánimo de lucro de todas as comarcas da provincia coruñesa percibirán un total de 550.425,11 euros en axudas da área de Deportes da institución provincial.

Un total de 91 entidades recibirán axudas por importe de 323.633,19 €  para a construción de novas infraestruturas de uso deportivo, rehabilitación ou mellora de instalacións existentes, adquisición de vehículos ou material deportivo e outras 72 percibirán achegas por importe de 226.792,22 € para promover campañas de actividade física  ou de deporte afeccionado.

Programas de actividade deportiva extraescolar, escolas deportivas de diferentes disciplinas (fútbol, tenis, taekwondo…), torneos de deporte base, carreiras populares ou campañas de deporte inclusivo para persoas con discapacidade física son algunhas das actividades que contarán con financiamento provincial. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello abre a convocatoria para participar na nova edición do programa Junior Year, “pensado para que o o alumnado da cidade, independentemente da renda familiar, poida cursar estudos en EEUU”

noviembre 6, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello abre a convocatoria para participar na nova edición do programa Junior Year, “pensado para que o o alumnado da cidade, independentemente da renda familiar, poida cursar estudos en EEUU”

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, abrirá o próximo 29 de novembro, e até o 14 de decembro, o prazo para que o alumnado da cidade que este ano curse 4o de ESO se presente ao programa de estudos no estranxeiro Junior Year, polo cal podería realizar en EEUU o equivalente a primeiro de Bacharelato o vindeiro curso 2019/2020. A responsable municipal destacou en rolda de prensa que o programa, que este ano conta cun orzamento de 650.000 euros –un 85% máis do presuposto reservado polo anterior executivo para a última edición do programa Becas USA– para cubrir 60 prazas no vindeiro curso, “está pensado para que calquera menor, independentemente da renda familiar, poida adquirir unha competencia lingüística plena noutro idioma, ademais de coñecer outra cultura”.

Así, Cameán recordou que foi o actual goberno local o que, a diferenza de programas similares postos en marcha en anteriores mandatos municipais, introduciu a renda familiar como un dos criterios á hora de seleccionar o alumnado que participará no Junior Year. Ademais, o programa conta con bolsas totais ou parciais para facilitar a participación dos e das estudantes. “As e os menores seleccionadas cuxa unidade familiar non supere os 9.000 euros anuais de renda per capita poderán beneficiarse dunha bolsa total, de forma que o Concello correrá con todos os gastos deste ano de estudos no estranxeiro”, dixo a concelleira. “Ademais disto, e debido á aplicación dun criterio de progresividade, o resto dos e das participantes poderán ter bolsas que cubran dende o 5% até o 95% do custo total do curso, sempre en base á renda familiar”, comentou. A modificación dos criterios de baremación derivou en que os e as estudantes que contan cunha bolsa íntegra pasaran de 7 no curso 2015/2016 a 54 neste 2018/2019. Estes gozaron a custe cero de viaxe de ida e volta e servizo de acompañamento durante o mesmo, estancia durante un curso completo en EEUU e seguimento da mesma, curso intensivo e inglés e proba acreditativa do nivel acadado, ademais de 100 euros mensuais para gastos persoais.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Festi= continúa a súa programación cunha obra que mestura danza contemporánea, teatro, circo e música en directo

noviembre 6, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Festi= continúa a súa programación cunha obra que mestura danza contemporánea, teatro, circo e música en directo

A asociación Diversos, Experimentadanza e a Banda Municipal de Música poñen en escena a 65 artistas para representar a obra ​Picasso: a ollada nas mans,​ un espectáculo inclusivo onde se mesturan danza contemporánea, teatro, novo circo, audiovisuais e música en directo. A actuación, que forma parte do programa do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festi=, terá lugar este mércores, día 7, ás 20.30 horas no Teatro Colón.

A Asociación Cultural para a Integración Social Diversos explora diversas artes escénicas así como a música, a danza ou o teatro, sintetizando todas elas desde unha perspectiva inclusiva. A programación do Festi= é o resultado da segunda convocatoria do programa Cultura Accesible e Inclusiva, posta en marcha polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa, co obxectivo de favorecer a inclusión e a accesibilidade das persoas con diversidade funcional, sensorial ou cognitiva na vida cultural e artística. No Festi= colaboran, ademais, Naturgy, Repsol, Fundación Sabadell, Vegalsa e a Fundación María José Jove.

O Festi= comezou o día 18 de outubro co ciclo de Lírica Inclusiva e está a levar a diferentes espazos da cidade un amplo abano de disciplinas artísticas abertas, participativas, inclusivas, libres de barreiras e aptas para todos os públicos. Neste mes de novembro, celebraranse tamén as ​Xornadas de Cultura Accesible e Inclusiva que encherán, o día 9, o Centro Ágora de conferencias, mesas de debate e formación, que precisarán inscrición previa pero que como o resto das actividades serán de carácter gratuíto.

O día 2 de decembro terá lugar a proposta central do Festi=, día no que o Centro Ágora acollerá unha programación especial dende as 11.00 ata as 22.00 horas. Durante a mañá terá lugar a inauguración das xornadas a cargo de Rober Pier e Tres por Cuatro, así como a apertura da exposición ​FTloE [unha visión de Beckett] ​de Urza e a representación ​Fuera de todo lo extraño.​Tamén poderase asistir a ​Músicas en Igualdade na cafetería do Ágora, á representación de Pallas@s en Rebeldía da obra de teatro ​O Valo e a unha mostra do obradoiro previo de poesía e lingua de Signos. A tarde do día 2 amosará a fusión de ciencia e música con ​Deseñando e Unindo Sons da Asociación Cultural Zalaeta, así como un contacontos con lingua de signos de Vero Rilo. De 17.00 a 19.00 proxectarase o filme Coherence​, nun evento que rematará cun debate na Aula do Ágora. Mentres tanto, na cafetería haberá ​Músicas en Igualdade ​ás 18.00 horas cos picadiscos de Negus. A xornada rematará coa mostra do Obradoiro de Biodanza e co concerto de Mercedes Peón ​Déixaas – Tras os muros.​

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE RETOMA ESTA SEMANA SU “TERTULIA DEL MES” CON LA OBRA DE MIGUEL ÁNGEL TORNERO

noviembre 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE RETOMA ESTA SEMANA SU “TERTULIA DEL MES” CON LA OBRA DE MIGUEL ÁNGEL TORNERO

La Fundación María José Jove retomará esta semana su programa de “Tertulia del Mes”, iniciativa a través de la cual abre su Colección de Arte a un análisis más profundo e íntimo. Este año, además, como novedad, habrá un encuentro con el artista que permitirá escucharle en primera persona acerca del proceso creativo particular y abrir un espacio de diálogo, debate y aprendizaje común. La Tertulia se celebrará el primer miércoles de cada mes en horario de 16.30 a 18 horas.

La Tertulia de este próximo miércoles día 7 girará en torno a la figura de Miguel Ángel Tornero que participará en la tertulia vía Skype. El fotógrafo y artista plástico hablará en primera persona de su obra y de su trayectoria, permitiendo, así, establecer un diálogo y debate más profundo frente a una obra de arte.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Xustiza Social activa unha nova edición de Educación na Rúa, programa de prevención de condutas de risco entre a mocidade que multiplica por 15 as súas horas de atención

noviembre 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en Xustiza Social activa unha nova edición de Educación na Rúa, programa de prevención de condutas de risco entre a mocidade que multiplica por 15 as súas horas de atención

A Concellería de Xustiza Social e Coidados incrementou de forma notable os recursos destinados ao programa de Educación na Rúa, posto en marcha polo seu departamento a finais do ano pasado e que ten como obxectivo previr condutas de risco que poden derivar en hábitos non saudables para a mocidade, así como evitar conflitos que, por este motivo, se poidan xerar no ámbito comunitario. Está previsto que até o vindeiro mes de xuño, e dentro do programa anual de actividades socioculturais en centros cívicos, 3.332 horas se dediquen a este servizo concreto. Nesta nova edición, as horas de execución do programa destinaranse a tres accións concretas: intervención directa na rúa, talleres socioeducativos e xestión e planificación (de forma que se poida facer unha diagnose e análise da situación, así como valorar os resultados e necesidades do programa). A concelleira do ramo, Silvia Cameán, amosou a súa satisfacción por “ampliar e mellorar un programa pioneiro que na súa última edición interveu a máis dun cento de persoas e que se desenvolveu ao longo de 60 días nos que se levaron a cabo case 200 horas de actividades en rúa e 30 en centros cívicos”. “Na primeira edición do programa acadamos unha diagnose da situación e agora pasamos a unha fase de inmersión onde o que queremos é aportar ferramentas para evitar condutas de risco tanto para a mocidade como para a comunidade”, comenta.

Segundo comentou a responsable municipal, do total de horas que se adicarán a este programa de atención en rúa, 2.688, máis do 80% do total, serán as reservadas para facer traballo de campo nas tres zonas da cidade onde se leva a cabo de forma directa este programa: Labañou/Os Rosales/Mariñeiros, Monte Alto e Cidade Vella e Monelos/Elviña. “Desta forma, tres equipos de educadoras sociais traballarán na rúa, todos os días polas tardes, catro horas, en xornadas de mércores a sábado”, salientou.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894