Home » coruna » Recent Articles:

A Residencia Universitaria Elvira Bao xa é unha realidade

noviembre 13, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Residencia Universitaria Elvira Bao xa é unha realidade

A posta en funcionamento da primeira fase da residencia universitaria pública Elvira Bao vén a cubrir unha demanda histórica da Universidade da Coruña, a única no Sistema Universitario Galego que non dispoñía deste servizo, e que se suma á oferta residencial da Universidade na cidade de Ferrol.

A Coruña
Inauguracions instalacións da Residencia Universitaria Elvira Bao
12/11/2018
Foto: Moncho Fuentes

A residencia universitaria da Coruña foi posible grazas a un acordo asinado coa Deputación da Coruña e o Concello da Coruña no ano 2015 para a cesión de parte de edificio do Centro Calvo Sotelo para a súa utilización como residencia universitaria. A Deputación sufragou ademais as obras de acondicionamento da ala este deste edificio para a súa conversión en residencia universitaria cun aporte total de preto de 3  millóns de euros. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Pleno aprobou por unanimidade a moción presentada de forma conxunta por todas as forzas presentes na corporación en favor dos e das traballadoras de Alcoa e contra o ERE extintivo que ameaza as plantas da Coruña e Avilés

noviembre 12, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Pleno aprobou por unanimidade a moción presentada de forma conxunta por todas as forzas presentes na corporación en favor dos e das traballadoras de Alcoa e contra o ERE extintivo que ameaza as plantas da Coruña e Avilés

O Pleno municipal aprobou esta tarde, de forma inicial, o documento de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Coruña para incorporar novos elementos ao catálogo de protección da cidade, “o que supón un novo paso no compromiso do goberno local coa protección e posta en valor do patrimonio cultural, artístico e urbano”. Así o manifestou o concelleiro de Rexeneración Urbano e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, que incidiu no traballo desenvolvido polo Concello non só para incluír novos elementos de protección ao catálogo vixente, senón tamén para revisar, detectar e corrixir as posibles eivas existentes no PXOM, que até o de agora “non daba o recoñecemento necesario a pezas moi relevantes vencelladas á memoria colectiva dos barrios”. “Logo dun traballo minucioso traemos a Pleno unha modificación do catálogo de protección que incorpora ao mesmo 40 novas fichas de elementos arquitectónicos, (moitas delas que inclúen varios inmobles, ao tratarse de conxuntos), así como catro novos bens de protección e tres novos elementos etnolóxicos, ademais da individualización de moitos dos xa recollidos no catálogo, o que permitirá un seguimento máis eficaz dos mesmos”, explicou o edil.

Na súa intervención no Pleno, o responsable municipal, indicou que, ademais do recoñecemento da memoria colectiva dos barrios, a modificación ten por obxecto recoñecer os vestixios das capelas xa esmorecidas na cidade dende unha perspectiva arqueolóxica, como as de San Roque, San Xoán e Atocha, así como mellorar e poñer en valor á Viaxe de Visma, elemento histórico de captación e condución de aiga, que a levaba dende os mananciais de Nelle e Vioño até a Cidade Alta no século XVI. Varela tamén salientou que a modificación do PXOM “completa e fortalece o recoñecemento do patrimonio racionalista nos barrios dos Mallos e Monte Alto, así como, por primeira vez, aborda a posta en valor deste mesmo tipo de arquitectura no barrio da Sagrada Familia”. Ensalzar o patrimonio industrial, coa catalogación do edificio da Citröen na Gaiteira, inmoble emblemático do barrio, cuxa memoria é reivindicada pola asociación veciñal, así como dignificar o bordo litoral, recoñecemento a diversidade de usos tradicionais e orixinarios da cidade en espazos como, por exemplo, o peirao das Xubias ou o Club do Mar, son outras das novidades da modificación aprobada este luns. “O que intentamos foi procurar unha maior equidade na protección ao longo de toda a cidade. Os barrios tamén teñen memoria, e esta debe ser protexida da especulación e do urbanismo depredador”, reflexionou o concelleiro, que tamén incidiu no traballo “para outorgar valor patrimonial ás arquitecturas da segunda metade do século XX na cidade, incorporando ao catálogo as recomendacións da máxima autoridade académica nesta materia, o Docomomo (Documentación e Conservación do Movemento Moderno) e que se corresponden, por exemplo, coa Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso ou o edificio POU, de Miguel Fisac”.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O programa municipal ‘A pé de barrio’ inicia hoxe o coidado do espazo público no Barrio das Flores, Matogrande, Lonzas, polígonos de Elviña e contorna da Estación de Ferrocarril

noviembre 12, 2018 coruna Comentarios desactivados en O programa municipal ‘A pé de barrio’ inicia hoxe o coidado do espazo público no Barrio das Flores, Matogrande, Lonzas, polígonos de Elviña e contorna da Estación de Ferrocarril

O programa municipal intensivo de coidado do espazo público ​A Pé de Barrio regresa hoxe, 12 de novembro, ao Distrito 7, que comprende o Barrio das Flores, Matogrande, polígonos de Elviña, Lonzas e a contorna da Estación de Ferrocarril. Así, os distintos servizos municipais actuarán, até o 7 de xaneiro, nun total de 82 rúas da cidade, nas que realizarán, de xeito coordinado, diferentes intervencións de coidado do espazo público e rexeneración urbana, tales como limpeza viaria profunda, retirada de herbas da rúa, revisión e reposición da sinalización vertical, repintado de semáforos e pasos peonís ou limpeza e axustes en xogos biosaudables e infantís, entre outras. Realizaranse tamén actuacións concretas de mellora da accesibilidade, conservación e mantemento das superficies peonís ou do mobiliario urbano, ademais da reparación de firmes ou a revisión de acometidas eléctricas. De todas estas accións o goberno local está a informar a máis de 200 establecementos de hostalería e comercio da zona, para que dispoñan de toda a información do plan municipal ao seu comezo.

Este domingo finaliza o desenvolvemento da segunda edición do plan municipal no Distrito 8, no que se inclúen os barrios dos Castros, Gaiteira, Catro Camiños, Sardiñeira, San Cristovo das Viñas, Os Mallos, A Falperra, Ensanche e Santa Lucía. Ao longo de 46 días de traballo, leváronse a cabo 2.011 actuacións de coidado do espazo público. Destas, 1.033 foron intervencións nas que se realizaron melloras e conservación das beirarrúas e superficies peonís, reparación e bacheo de calzadas, renovación de luminarias, conservación e mantemento de fontes ornamentais ou axustes na rede semafórica, entre outras. Entre as máis destacadas, sitúanse as reubicacións e repitado dos pasos de peóns, así como axustes na rede semafórica, na glorieta da avenida de

Monelos coa rúa Alcabaleiros.

En canto ás actuacións vinculadas ao medio ambiente, ​A Pé de Barrio supuxo a limpeza viaria profunda para 242 rúas e prazas do distrito, nas que se retiraron pintadas e pegatinas do mobiliario público ou gomas de mascar, ademais de vexetación espontánea. Nestes 46 días de traballo, efectuáronse accións de coidado e mellora de parques, xardíns e zonas axardinadas, así como de mantemento e reposición de contedores ou de papeleiras, e de limpeza de pavimentos en zoas de áreas infantis e espazos lúdicos. Tamén desde o 18 de setembro resolvéronse incidencias co arborado e actuouse ou intervencións de control de pragas. Antes e durante o desenvolvemento do programa, como é habitual, leváronse a cabo visitas a máis de 200 establecementos comerciais e de hostalería para achegar información sobre o plan.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello crea o distintivo ‘Coruña Emprega’ para recoñecer as empresas que apostan pola inserción laboral de colectivos vulnerables e pola igualdade de oportunidades

noviembre 11, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello crea o distintivo ‘Coruña Emprega’ para recoñecer as empresas que apostan pola inserción laboral de colectivos vulnerables e pola igualdade de oportunidades

O Goberno local crea o distintivo ​Coruña Emprega para recoñecer e dar visibilidade ás empresas da cidade que aposten pola inserción laboral das persoas con máis dificultades á hora de acceder ao mercado do emprego. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, avanzou a posta en marcha deste distintivo durante a celebración da ​III xornada sobre a Innovación nas Políticas Locais de Emprego ​Contrata Talento​, un foro que xorde do traballo conxunto entre o Concello e as principais entidades sociais e económicas da cidade dentro do marco do Pacto Local polo Emprego. “Con este distintivo de responsabilidade social empresarial damos un paso máis e consolidamos o labor que se vén realizando nos últimos tempos, xa que servirá para ​recoñecer a aquelas empresas que fomentan a igualdade de oportunidades no ámbito laboral e contribúen a xerar un clima de corresponsabilidade entre o tecido produtivo e as situacións que dificultan a inserción sociolaboral”, explicou Lema, que incidiu na relevancia da colaboración e da implicación das empresas que participan no Pacto Local polo Emprego e que “aplican criterios de responsabilidade social na contratación e colaboran nos proxectos municipais de inserción laboral”.

A xornada, que busca o fomento da contratación responsable e segue a liña das políticas municipais para estimular a creación de emprego de calidade grazas á aposta por unha economía social e a innovación, está dirixida a empresas ​interesadas en mellorar a súa responsabilidade social ao tempo que incrementar a súa competitividade. Nela participan hoxe máis de 300 persoas entre as que estaban representadas as 25 entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego, entre as que se contan asociacións empresariais e sociais, sindicatos ou a Universidade da Coruña, entre outros. No evento abórdanse hoxe, coas entidades sociais como protagonistas, os incentivos á contratación de persoas de colectivos vulnerables e a responsabilidade social empresarial dende o ámbito da inserción laboral. Ademais, catro das entidades que participan no Pacto Local polo Emprego –Cáritas, COGAMI, Down Coruña e Fundación Secretariado Xitano– falarán de experiencias e casos reais nunha mesa redonda.

O distintivo Coruña Emprega terase en conta nos procesos de contratación pública do Concello, que xa valora os fins sociais e ambientais das empresas, a igualdade de homes e mulleres, a inclusión social e o comercio xusto. O selo, que poderá manterse por dous anos con posibilidade de renovación, outorgarase ás empresas que teñan a súa sede social ou desenvolvan a súa actividade na Coruña ou a súa área de influencia, así como a persoas traballadoras autónomas, que apliquen procesos de inserción laboral que teñan en conta especialmente aos colectivos máis vulnerables e en risco de exclusión social e que aposten pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no emprego. Esta decisión será tomada pola unha comisión de valoración, formada por representantes das entidades sociais do Pacto Local polo Emprego, en base ao cumprimento dunha serie de criterios técnicos medibles e obxectivables. Ademais, o Concello publicará na súa páxina web o listado das empresas que teñan o selo de responsabilidade social e empresarial “o que axudará a visibilizar o seu compromiso e o seu labor”.

Ademais do propio Concello, o resto de entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego son a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), Arquitectura sen Fronteiras, Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Asociación Down Coruña, Asociación de Empresarias da Coruña, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE), Asociación de

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O goberno local traballa na creación dunha fundación liderada polo sector público para impulsar un centro de arte contemporánea que colla o relevo e dea continuidade ao MAC

noviembre 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en O goberno local traballa na creación dunha fundación liderada polo sector público para impulsar un centro de arte contemporánea que colla o relevo e dea continuidade ao MAC

O Concello traballa na creación dunha fundación para que a cidade da Coruña conte cun centro de arte contemporánea, tal e como se lle expuxo a Naturgy nos contactos mantidos dende o pasado mes. Dende que se fixo pública a intención da Fundación Naturgy de pechar o MAC, o goberno local comezou a manter os contactos precisos e a trasladar a diferentes administracións públicas, empresas e fundacións privadas da cidade a súa intención de impulsar a creación dunha fundación de liderado público, que o Concello estaría disposto a encabezar, tamén no plano financeiro, para o que xa conta no seu proxecto orzamentario cunha reserva de crédito suficiente. “Cremos que é preciso manter un espazo para a arte e o pensamento contemporáneos na cidade e estamos en disposición de tecer un proxecto viable sempre que o resto de administracións contactadas, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura e a Deputación provincial, confirmen o compromiso que xa manifestaron para crear esta fundación”, indica o responsable municipal de Culturas, José Manuel Sande, “e sempre que Naturgy o facilite, cuestión que están a estudar os seus responsables dende a semana pasada”.

O pasado 31 de outubro o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo unha xuntanza co delegado de Naturgy en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, e co director xeral da Fundación Naturgy, Martí Solà, na que o rexedor xa lles trasladou a proposta do goberno local –que contaba co apoio tanto das administracións públicas como de varias entidades privadas– para abrir unha nova etapa no edificio no que se atopa o MAC, e contando coa experiencia acumulada por este museo e coa súa colección, co obxectivo que a cidade poida seguir contando “cun centro de arte contemporánea de referencia, e toda a actividade museística, cultural e didáctica vinculada ao mesmo, no termo municipal”.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894